Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Na loita, contra o mal

Luís Celeiro

09/09/2015


Moito me gustaría que vivíramos nun mundo en paz, nunha cidade, nun país, nun lugar onde non se falase de guerra, no que non existirán as armas que se fabrican ou constrúen para matar aos iguais, onde os homes e as mulleres fosen libres para actuar, facer e pensar. En Galicia estamos de noraboa. Ao rematar este verán, o concello da capital sumouse á Conferencia de  Alcaldes pola Paz, como mostra clariña da postura decidida en favor do desarme, contra -de modo especial- das armas nucleares.  Unhas seis mil oitocentas cidades  de todo o  mundo (preto de dúas mil seiscentas, europeas) son actualmente membros desta Conferencia, impulsada, en 1982, polas cidades de Hiroshima e Nagasaki.
 
Os alcaldes distas dúas cidades piden a adhesión de todos os outros alcaldes e alcaldesas de calquera continente, para que a rede sexa grande e para desenvolver con soltura e con éxito a campaña `visión 2020´ e conseguir, antes diste ano, un mundo seguro, sen armas nucleares e en paz. A reunión plenaria da  Conferencia de  Alcaldes pola Paz celebrase, cada catro anos, en Hiroshima e Nagasaki, alternativamente. En 2017 toca en Nagasaki e as pretensións dos promotores son chegar cos deberes feitos e co maior número posible de cidades e concellos comprometidos cos obxectivos da Conferencia.

Para que a paz sexa sostible é conveniente traballar dende o ámbito local, dende a educación e con todas aquelas iniciativas de solidariedade e de compromiso que fagan ver á humanidade que a guerra é unha acción nefasta e o armamento, un instrumento que debe ser destruído. A única arma para quedar no mundo é a paz, para loitar contra o mal, contra a miseria e contra as desigualdades. Contra todo, incrible! A Tía Manuela quere lembrarlles, aos que gobernan e mandan, que non é lícito facer uso do abuso, arma que mata a esperanza dos pobres.


Artigo publicado en:

El Progreso (08/09/2015)
Diarío de Pontevedra
(08/09/2015)
El Correo Gallego 
(09/09/2015)
La Región (09/09/2015)
 

Artigos publicados anteriormente:

1.)  Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros 
(12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo!
(25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu