Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Táboa rasa

Luís Celeiro

23/09/2015


Morreu cando xa estaba morta de dor, de pena e de aflición. Varios estudos, entre eles os da  Sociedade Americana do Cancro, din que os homes son máis propensos a sufrir esta doenza que as mulleres, pero á amiga tocoulle e alá vai. Está apousentada onde moran, en igualdade de condicións,  tódalas células mortas, sexan normais ou de vida e crecemento desordenado; onde xa non hai benigno e maligno, onde non hai nada. Non hai nin quen explique a ausencia. Alí, onde os ricos e os pobres soportan as mesmas inclemencias, son exactamente o mesmo. Fronte ao cancro e a morte, prezados lectores, táboa rasa.

As células exocrinas conviven coas endocrinas nese estadio ao que milleiros de persoas chegan nun santiamén, antes ou despois, todas elas, homes e mulleres, en por igual. Máis homes ca mulleres tiñan cancro de páncreas e a culpa era parcialmente do tabaco. Agora as mulleres tamén fuman ben, agrandando o risco de inmediato sufrimento. Por qué? A vida é así inexplicable, tan inexplicable como a morte, aínda que no dicir da escritora chilena Isabel Allende, unha persoa morre só cando a esquecen.

Din que o corpo humano é como outra máquina das deseñada pola enxeñaría, é un complexo feito pola bioloxía,  con tecidos distintos e integrado cada un deles por células maioritariamente normais, pero que de cando en vez transfórmanse noutras invasoras  aloucadas, que medran, efectivamente, como a herba mala, dando lugar á formación de tumores, que se multiplican velozmente e esténdense  polos  distintos órganos de corpo , aos que van roendo para deixar do home, unicamente, a alma.

Para que a alma e o corpo aguanten xuntos, é importante coidar aos amigos, coidar a alimentación  e procurar manter a báscula engraxada, a zapatilla lixeira e a boca pechada. Os xenes de cada persoa inflúen, obviamente, no risco de cancro, pero, os factores non hereditarios, segundo os investigadores, teñen un peso enorme, polo tanto, parece recomendable evitar o consumo do tabaco, non engordar e  realizar algún tipo de actividade física tódolos días de tódolos anos, polos séculos dos séculos, amén!


Artigo publicado en:

El Progreso (22/09/2015)
Diarío de Pontevedra (22/09/2015)
El Correo Gallego 
(23/09/2015)
La Región (
23/09/2015)
 
Artigos publicados anteriormente:

1.)  Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros 
(12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo!
(25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal
(09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu