Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

E, se non foron eles?

Luís Celeiro

14/10/2015


Se os pais, xuntos ou un deles por separado, non foron os que mataron á nena e son condenados neste xuízo que se está desenvolvendo en Santiago de Compostela, nun dos xulgados da cidade onde viven, produciríase unha enorme inxustiza, probablemente, con consecuencias irreparables. Sería a expresión patética da situación á que poden levarnos certos procesos xudiciais. Nai e pai, as dúas únicas persoas imputadas e que están sendo xulgadas, dende o cárcere e agora dende o banco de acusados de Fontiñas, enchen de encomio e gabanzas á filla morta. Asasinada?
 
Unha nena morta, uns pais no punto de mira e unha sociedade enteira consternada e opinando, falando, mirando, recreando e sufrindo. Cada quen coa súa longa lección de ética e moralina. Onde está a razón? Se é que a hai. E, quen se aproveita, neste caso, das resolucións da xustiza? Os mortais, din que non. As posibilidades seguen sendo catro: poden ser ou non condenados e pode un deles ser condenado e o outro non. Estamos nun momento no que resulta difícil esquecer aquilo de “mellor 100 culpables na rúa, que un inocente no cárcere”.

Pero, todo é posible nun mundo de oportunistas, de negociantes e mercadores dos dereitos de outros, de faladores, vendedores e compradores da liberdade que se acaba, inmediatamente despois de pronunciar a palabra. Todo é posible, mesmo pode que alguén, na procura da verdade e sen sabelo, reforce e consolide a mentira como un dos seus principios fundamentais. É posible todo e non se deben pechar portas á investigación e á discreción, por disparatadas que parezan as rutas.

E, se foron eles? Se foron eles e, por mor das astucias, do silencio, da instrución ou polo que sexa, quedan libres de condena, sería evidente que estamos diante da mesma inxustiza. Temos un xuízo que custa un diñeiral ao erario público, que favorece multitude de intereses, que fortalece o negocio da morte e que resolverá pouca cousa no proceso de consolidación dunha sociedade sa de pés á cabeza. A sociedade á que moitos din querer e pola que loitan, pero que aínda non se ve no horizonte. Neste caso, a xustiza está exercendo o seu papel e, mentres tanto, confiemos no seu facer, co debido respecto ao principio de inocencia.


Artigo publicado en:

El Progreso (13/10/2015)
Diarío de Pontevedra (13/10/2015)
El Correo Gallego (14/10/2015)
La Región (
14/10/2015)


Artigos publicados anteriormente:

1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros 
(12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo!
(25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal
(09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

8.) Táboa rasa (23/09/15)
9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15)
10.) Senlleiras (07/10/15)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu