Destacadas personalidades da ciencia e da polÃtica cientÃfica europea déronse cita en Galicia, na Universidade de Santiago de Compostela, para render homenaxe ao mestre, Carlos Pajares Vales. Foi o mércores da pasada semana, pola mañá e pola tarde. Ex reitor da Universidade de Santiago, doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa, Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de FÃsica, condecorado polo Goberno Francés como Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas, membro do comité cientÃfico do Centro Europeo de PartÃculas Elementais, delegado cientÃfico de España no Consello do CERN e Premio Galicia de Investigación. Carlos Pajares é un destacado cientÃfico a nivel internacional, con achegas moi importantes no seu eido de investigación, na procura das orixes da materia e da constitución do universo.
As persoas que teñen algo que ver co desenvolvemento cientÃfico en Galicia, deben estar orgullosas de que este madrileño de nacemento viñera facerse compostelán de adopción e de corazón. Un galego máis. O seu aspecto de home humilde con grande bonhomÃa e a seu falar sosegado e directo son como certificados de que se trata dun dos grandes e meritorios mestres en saberes distintos e que, como GarcÃa Márquez, é quen de dicir non cando é non.
Foi pioneiro da FÃsica de PartÃculas en Galicia, dirixiu as teses de moitos que hoxe son catedráticos, profesionais e cientÃficos que o queren; andou polo mundo, de paÃs en paÃs, ensinando e aprendendo, co nome de Galicia por diante. Agora, dende a súa posición de profesor emérito na Universidade que axudou a construÃr, seguirá o mesmo ritmo de traballo, con seguridade e coa mesma altura de miras, sen perder a rebeldÃa necesaria que o caracterizou sempre.
É un loitador na procura da igualdade social e subministra ferramentas para conseguila. Carlos Pajares sabe ben que “onde hai educación e formación non hai distinción de clasesâ€. Precisamente é voluntario dunha ONGD, para defender o “acceso á educación como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre culturasâ€, como ten dito a TÃa Manuela, “entre iguais que son diferentesâ€. Parabéns, querido mestre!.
Artigo publicado en:
El Progreso (20/10/2015) DiarÃo de Pontevedra (21/10/2015) El Correo Gallego (21/10/2015) La Región (21/10/2015)
Artigos publicados anteriormente:
1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015) 2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros (12/08/2015) 3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015) 4.) Maldito Demo! (25/08/2015) 5.) Tristeza total (02/09/15) 6.) Na loita, contra o mal (09/09/15) 7.) Paciencia e unión (16/09/15) 8.) Táboa rasa (23/09/15) 9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15) 10.) Senlleiras (07/10/15) 11) E, se non foron eles? (14/10/15)
|