Un dos homes, dos intelectuais máis sobresalientes da Galicia do século XX, don Ramón Piñeiro López é recordado cada ano no seu concello natal, Láncara (Lugo), co premio Facer PaÃs, que leva o seu nome e que, no maxÃn de moitos, é como unha homenaxe permanente a quen foi un dos galeguistas prezados e queridos cando aÃnda estaba vivo (finou en Santiago de Compostela, en 1990). A cita é para o vindeiro sábado dÃa 7, onde sempre, en Carracedo de Láncara. Alà farase a festa da cultura e do pensamento, unha das máis importantes de Galicia, dedicada a don Ramón e a don Basilio.
A Asociación Cultural Val de Láncara, coa colaboración de diferentes Asociacións culturais da comarca de Sarria e O Corgo e coa participación do concello de Láncara e o Colexio Público Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, convocan anualmente este Premio dende 2002, cando o gañador foi un dos amigos de Piñeiro, Isaac DÃaz Pardo. En sucesivas edicións foron galardoados LuÃs Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas, A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, a Real Academia Galega, Mini e Mero, AgustÃn Fernández Paz, a Mesa pola Normalización LingüÃstica, Marica Campo e, neste 2015, Basilio Losada Castro (Láncara, 1930), reputado profesor, en Barcelona, tradutor e crÃtico literario.
Este é o ano do centenario do nacemento de don Ramón, ese intelectual ao que tanto lle deben, incluso, os que o criticaban. Ese magnifico filosofo condutor de vontades en favor da conquista dunha Galicia como paÃs dono de seu, foi o señor da saudade e o defensor da paisaxe e do humor como fundamentos da identidade dos galegos. Agora dálle o seu nome a un galardón que se outorga a aqueles que contribúen a preservar esa identidade e á defensa da cultura e da lingua de Galicia.
Non é doado manter un premio tanto tempo e con tanto prestixio como este. Por iso, Carlos López Sierra e Manuel Fernández Arrojo merecen gratitude dos veciños, de todos os da comarca e de todas as persoas que andan, traballan e se preocupan por laborear no eido da cultura. Parabéns para eles e tamén para Xurxo RodrÃguez Lozano, para o alcalde DarÃo Piñeiro e para todos e cada un dos integrantes do xurado.
Artigo publicado en:
El Progreso (27/10/2015) DiarÃo de Pontevedra (27/10/2015) El Correo Gallego (28/10/2015) La Región (28/10/2015)
Artigos publicados anteriormente:
1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015) 2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros (12/08/2015) 3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015) 4.) Maldito Demo! (25/08/2015) 5.) Tristeza total (02/09/15) 6.) Na loita, contra o mal (09/09/15) 7.) Paciencia e unión (16/09/15) 8.) Táboa rasa (23/09/15) 9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15) 10.) Senlleiras (07/10/15) 11) E, se non foron eles? (14/10/15) 12) Pajares Vales, mestre (21/10/15)
|