Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Seis mil linguas

Luís Celeiro

11/11/2015


Daquela, na década dos setenta, os rapaces aldeáns das escolas unitarias tiñamos que xogar ao rescátoche o pau ou á billarda en español. Tarefa difícil. Un desastre! Non podiamos dicir nada, deberiamos xogar co dicionario na man e ler o que malamente sabiamos ler. O español era o idioma importante, o que non entendiamos, era a lingua dos que máis podían, dos que mandaban nos outros, dos ricos de pel branquiña coidada. A nosa, e a dos pais labregos que sabían o que lles ensinaran na escola do ferrado, era o galego, lingua materna e mais paterna. Andando o tempo démonos conta de que eramos bilingües desde nenos. E, iso do bilingüismo real é unha riqueza grande, que pouco ou nada ten que ver co bilingüismo que defenden os que só queren falar un idioma, o que pretenden impoñer.

Actualmente, 217 millóns de persoas falan portugués e 470 millóns teñen ao español como lingua materna, a segunda lingua materna a nivel mundial, despois do chino mandarín. Os galegos, pois, estamos nunha situación de privilexio a nivel lingüístico, temos con quen falar e a quen podemos escoitar. O informe 2015 do Instituto Cervantes indica que os usuarios potenciais do español no mundo, contando aos nativos, ao grupo de competencia limitada e a todos os do grupo de aprendices de español como lingua estranxeira, achégase aos 559 millóns.
 
A humanidade enténdese falando e para facelo conta cunhas 6.500 linguas diferentes. O galego e o español  son das máis importantes. O español está, xunto co chino, inglés, hindi e árabe, entre as cinco máis faladas do mundo, con 21 países que son de lingua hispana e con moitos outros nos que, sen ser lingua oficial, falan español 46 millóns de persoas. O galego, segundo a RAG, ocupa o lugar 23 das 150 linguas europeas e é “a segunda lingua europea máis falada entre as non oficiais en ningún estado”.

“O falar non ten cancelas”, dicía a Tía Manuela, e para defender e apoiar unha lingua, débense acometer accións de estudo e investigación, de promoción, de afianzamento, de revalorización e de uso da mesma, con absoluta normalidade, en tódolos ámbitos e en tódolos espazos, co micrófono aberto e despois de pechalo, sen dar tregua á hipocrisía. Se temos linguas e temos que dicir, adiante!

Artigo publicado en:

El Progreso (10/11/2015)
Diarío de Pontevedra (10/11/2015)
El Correo Gallego (11/11/2015)
La Región (
11/11/2015)

Artigos publicados anteriormente:

1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros 
(12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo!
(25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal
(09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

8.) Táboa rasa (23/09/15)
9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15)
10.) Senlleiras (07/10/15)
11.)
E, se non foron eles? (14/10/15)
12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15)
13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15)
14.) Andar e pedalear (04/11/15)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu