En Galicia somos poucos, moi poucos, 2.731.406 habitantes e destes , segundo os datos oficiais do Instituto Galego de EstatÃstica, o 16,5% son nenos e nenas, mozas e mozos estudantes, uns 450 mil, distribuÃdos nos distintos niveis de ensino. Son a mostra de que a sociedade está viva e o futuro asegurado. Son de Ensino Primario, de Ensino Secundario, de Formación Profesional, de Ensino Universitario, das distintas disciplinas e materias sobre as que se debe e se pode aprender.
O dicionario define ao estudante como “persoa que cursa estudios nun establecemento de ensinanzaâ€. Hai e non hai moitas diferenzas co que era na Idade Media, cando comezaron as universidades, como comunidades de mestres e estudantes orientadas ao ensino e tamén á produción de saber. Xa naquela época se facÃa investigación, a través dos debates, das discusións e polémicas xeradas en torno a determinadas temáticas. O home foi sempre creando coñecemento e transmitÃndoo dunha xeración á seguinte, baseándose no esforzo e no traballo, nunca por xeración espontánea. Nunca!
Os estudantes, na actualidade, fan valer os seus dereitos e atenden diariamente os seus múltiples deberes, sabendo -como sabÃa Einstein- que “o estudo non é unha obriga, senón unha oportunidadeâ€. Unha oportunidade tamén para contribuÃr a un mundo mellor e máis xusto, para poder seguir soñando coa liberdade e para saber que liberdade é, fundamentalmente, responsabilidade. Unha oportunidade para facer que Galicia avance, que medre a súa capacidade produtiva de calidade, que se enraÃcen aquà os procesos de transformación e que se valore a riqueza natural, cultural, paisaxÃstica, arquitectónica e artÃstica que posúe esta terra.
Hoxe, no máis alto nivel de estudo, na maiorÃa das universidades europeas, entre o estudantado, as mulleres son máis que os homes. Na Universidade de Santiago de Compostela, nos Campus de Lugo e de Santiago, son mulleres aproximadamente o 62%. O mesmo ocorre nas outras universidades do Sistema Universitario Galego. En todas, os estudantes, homes e mulleres, son o mellor delas, a riqueza do futuro. A bo seguro, serán quen de adquirir amplos coñecementos e as destrezas necesarias para aplicalos na práctica.
Artigo publicado en:
El Progreso (24/11/2015) DiarÃo de Pontevedra (24/11/2015) El Correo Gallego (25/11/2015) La Región (25/11/2015)
Artigos publicados anteriormente:
1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015) 2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros (12/08/2015) 3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015) 4.) Maldito Demo! (25/08/2015) 5.) Tristeza total (02/09/15) 6.) Na loita, contra o mal (09/09/15) 7.) Paciencia e unión (16/09/15) 8.) Táboa rasa (23/09/15) 9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15) 10.) Senlleiras (07/10/15) 11.) E, se non foron eles? (14/10/15) 12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15) 13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15) 14.) Andar e pedalear (04/11/15) 15.) Seis mil linguas (11/11/15) 16.) Rico, en tres aspectos (18/11/15)
|