Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Quedan na memoria

Luís Celeiro

02/12/2015


Segundo o escritor francés, François Charles Mauriac, “a morte non nos quita ás persoas queridas. Ao contrario, inmortalízaas no recordo”. Non está  mal pensar así para atenuar o pesar polo pasamento de alguén prezado e necesario. O da pasada fin de semana foi moito, despois da do admirado Carlos Oroza, “máis alto que o ceo”, que deixou desoladas as rúas da cidade de Vigo, polas que, ata o día 21 deste mes, “todas las tardes paseo mi derrota”, viñeron outras catro mortes e estenderon por Galicia bágoas de tristura e de pena.

Xosé Neira Vilas, Xosé Alvilares Moure, Xosé Chao Rego e Esperanza Guisán Seijas puxeron a Galicia de loito, na pasada fin dunha semana escura e de friaxe. Enchéronse as páxinas dos xornais de intelectualidade que fai revivir ás persoas que escribiron e deixaron a súa mestría nas palestras. Son catro grandes ou grandísimas persoas que dedicaron as  súas vidas ao estudo, á construción de saber e á transmisión do mesmo. Moito e bo saber!

Nun magnífico e sentido discurso, pronunciado no Panteón de Galegos Ilustres, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero dicía de Neira Vilas que tiña raíces "na nación rural do proletariado galego", unha nación sen fronteiras e con cidadáns sen patria, á que moitos nos honramos de pertencer. A profesora Esperanza Guisán non era da mesma nación, pero tamén era sen patria. Unha coruñesa de nacemento e compostelá de veciñanza, profesora, mestra e investigadora no eido da ética na filosofía clásica, interesada polo neokantismo e o utilitarismo. Unha científica preocupada e atenta aos  problemas éticos da actualidade.

Xosé Alvilares Moure e Xosé Chao Rego tiñan moitos puntos en común. O primeiro era de Chantada e o segundo era de Vilalba, os dous estudaron no seminario, foron docentes de Ensino Secundario e moi decentes profesores, carismáticos, cultos, queridos polos estudantes, apreciados polos colegas, en fin, profetas na terra. Teólogos, filósofos e defensores da razón, como arma para impedir a inútil imposición e a necia ou estúpida malversación. Andaron camiños paralelos e fóronse xuntos. Quedan, para os vivos, na memoria, segura e afortunadamente, para sempre.


Artigo publicado en:

El Progreso (01/12/2015)
Diarío de Pontevedra (01/12/2015)
El Correo Gallego (02/12/2015)
La Región (
02/12/2015)

Artigos publicados anteriormente:

1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros 
(12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo!
(25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal
(09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

8.) Táboa rasa (23/09/15)
9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15)
10.) Senlleiras (07/10/15)
11.)
E, se non foron eles? (14/10/15)
12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15)
13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15)
14.) Andar e pedalear (04/11/15)
15.) Seis mil linguas (11/11/15)
16.) Rico, en tres aspectos (18/11/15)
17.) Estudantes (25/11/15)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu