A verdade é que nunca outro tal me pasara, Ãa cara a casa e a alegrÃa do taxista sorprendeume, “Gañou o cambio –dixo, con certa euforia- gañamos os que queremos en Madrid un goberno con grande forza de Galicia, da Galicia nosa; os que non sabemos facer outra cousa máis que traballar e aos que sempre nos obrigaron a calarâ€. Pero, amigo, –segue o monólogo, interrompendo os comentarios da radio- se estou contento non é só por iso da votacións de hoxe, que tamén! A miña sobrada ledicia ven da man do grupo de cientÃficos australianos, liderado por Duncan Wright, da Universidade Nova Gales do Sur (UNSW) de SÃdney, que descubriron estes dÃas, fora do Sistema Solar, tres novos planetas.
Son tres planetas que rodean a unha pequena estrela vermella, a uns 14 anos luz de distancia da Terra. Un deles, Wolf 1061c, “poderá ser potencialmente habitableâ€. Os cientÃficos din que a proximidade deste planeta con nós, coa Terra, “abre posibilidades de aprender máis sobre o mesmo, de estudar a súa atmosfera e de saber se posúe condicións apropiadas para a vidaâ€. Pero non debe esquecerse que 14 anos luz é unha distancia considerable, 132 millóns e medio de millóns de quilómetros.
A mediados do século pasado, falábase da carreira espacial e das primeiras fotografÃas da cara oculta da Lúa e, xa en 1961, Yuri Gagarin convértese no primeiro home que viaxa ao espazo. Por aquelas datas, os rusos xa tiñan anos de experiencia na carreira espacial e xa se sabÃa que o universo era, cando menos, o dobre de grande e moito máis vello do que se pensaba.
A estrela pequeniña, descuberta polos australianos, e os tres planetas enormes xirando sobre si mesmos no seu arredor, lémbranlles aos cientÃficos o que Aristarco de Samos (xeómetra grego e destacado observador dos solsticios e equinoccios) dicÃa da distancia entre a Terra e o Sol, uns 300 anos antes de Cristo. O bo do taxista, que non se pode imaxinar ao volante dun foguete e sen reparar no tempo e na distancia, conta que, a pesar da enorme magnitude do Universo, en 1995 descóbrese o primeiro planeta extrasolar e en 2005 xa eran 100 os coñecidos. Como di a TÃa Manuela teremos que convivir cos extraterrestres: “xa ves aos gobernantes, non poñen pé na terraâ€.
Artigo publicado en:
El Progreso (22/12/2015) DiarÃo de Pontevedra (22/12/2015) El Correo Gallego (23/12/2015) La Región (23/12/2015)
Artigos publicados anteriormente:
1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015) 2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros (12/08/2015) 3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015) 4.) Maldito Demo! (25/08/2015) 5.) Tristeza total (02/09/15) 6.) Na loita, contra o mal (09/09/15) 7.) Paciencia e unión (16/09/15) 8.) Táboa rasa (23/09/15) 9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15) 10.) Senlleiras (07/10/15) 11.) E, se non foron eles? (14/10/15) 12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15) 13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15) 14.) Andar e pedalear (04/11/15) 15.) Seis mil linguas (11/11/15) 16.) Rico, en tres aspectos (18/11/15) 17.) Estudantes (25/11/15) 18.) Quedan na memoria (02/12/15) 19.) Nas orixes do Camiño (09/12/15) 20.) Residencia de Señoritas (16/12/15)
|