Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Sen resentimento

Luís Celeiro

30/12/2015


Estaba enfadado e ela, enfadada. E, non sabían a razón pola que tanto se enfurruñaran. Déronlle voltas e voltas ao misterio e acabaron pensando na retirada, sabendo que unha retirada a tempo é unha vitoria. Logo, ao retiraren cadanseu enfado, eran dúas vitorias. Dúas vitorias de dúas persoas amigas, unha enorme vitoria, en definitiva, como se competisen  contra o mundo e gañasen. Elas saben que é conveniente e saudable que as emocións non se expresen a través do resentimento.

Pero, por que a xente se enfada?, por que te incomodas, amiga?, por que? Non se sabe, nin se poderá saber, pero ao enfadarse, a adrenalina dispara os marcadores e, como se fervese no corpo, nos corpos dos irritados e nos dos que os soportan ou os sofren, fai das súas, aumenta o ritmo cardíaco, contrae os vasos sanguíneos e provoca a elevación da presión arterial. Pola súa parte, un estudo elaborado por un equipo da Universidade de Harvard, e dirixido pola profesora Patricia Eng, di que os “homes que exteriorizan moderadamente o  asañamento e o seu cabreo teñen a metade de risco de sufrir un infarto de miocardio e un perigo considerablemente inferior de padecer ictus que aqueles que o exteriorizan en menor medida”.

Un grupo de enfadados pode ocasionarlle problemas serios a quen manda, mellor dito, a quen goberna. Os científicos din que, diante dunha acción gobernamental, a ira une máis que calquera outra emoción ao grupo de cidadáns que non a comparten. Así, aparecen líderes que utilizan o enfado, a rabia, o cabreo e a furia como ferramenta estratéxica para situarse ao lado dos que fan explícita a súa desconformidade.

Nesta última campaña electoral, viuse moi ben. Os xefes da maioría dos partidos non dialogaban nin debatían cos adversarios. Cada un deles mostrábase anoxado con tódolos outros e os máis respondían sempre enfadados, sen entrar nunca en razóns e sen abrir vías para un posible e necesario diálogo construtivo. Como diría a Tía Manuela, queren facer `politicamente correcto´ o inadecuado, desapropiado e inxusto.  Para a boa saúde política e para que as institucións anden ben, parece necesario que os que teñen a honra de dirixir as naves partidarias, prescindan tamén, nas súas resolucións, do resentimento.


Artigo publicado en:

El Progreso (29/12/2015)
Diarío de Pontevedra (29/12/2015)
El Correo Gallego (30/12/2015)
La Región (
30/12/2015)


Artigos publicados anteriormente:


1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros 
(12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo!
(25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal
(09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

8.) Táboa rasa (23/09/15)
9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15)
10.) Senlleiras (07/10/15)
11.)
E, se non foron eles? (14/10/15)
12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15)
13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15)
14.) Andar e pedalear (04/11/15)
15.) Seis mil linguas (11/11/15)
16.) Rico, en tres aspectos (18/11/15)
17.) Estudantes (25/11/15)
18.) Quedan na memoria (02/12/15)
19.) Nas orixes do Camiño (09/12/15)
20.) Residencia de Señoritas (16/12/15)
21.) Novos planetas (23/12/15)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu