Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Fungos e bacterias

Luís Celeiro

06/01/2016


Pousaron a man dunha nena de seis anos nunha placa de cultivo e, nun par de días de incubación da pegada, xa se observaba o crecemento de importantes colonias de fungos e unha grande diversidade de colonias de bacterias en distintas formas, tonalidades e cores. Apalpábase e víase con claridade a evidencia da conveniencia de lavar con frecuencia as mans, que están sucias máis veces das que parece. A fotografía da pegada da man da nena na placa de Petri, presentada co título ‘Que esconde a man dun neno?’,  foi a gañadora do primeiro premio do certame de fotografía científica `Fotciencia´, convocado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

A foto da sucidade é extraordinariamente vistosa e limpa, pero tamén é un indicador de que cómpre lavar as mans despois de todo. Os seus autores, o profesor Raúl Rivas González e a investigadora Lorena Celador Lera son, ambos os dous, da Universidade de Salamanca. Son divulgadores da ciencia e, o mesmo que os que promoven este certame, queren achegala á cidadanía, cunha visión artística e estética. Queren que se saiba e se vexa que a pel non é aséptica, senón que nela proliferan diversos xéneros de bacterias.

Queren que os nenos vexan nas súas propias carnes a importancia do coidado e da hixiene para evitar enfermidades, para erradicar do corpo a calquera microbio e conservar ben a saúde. A Tía Manuela ben que o dicía: os bos hábitos, amigos rapaces, veñen de atrás, adquírense de nenos, na escola, na casa, lendo e xogando. E, cando chegamos a vellos, que pasa? Pois, segundo o autor de Madame Bovary, Gustave Flaubert, “os pequenos hábitos convértense en grandes tiranías”. Aínda así, de vellos tamén hai que lavarse.

Falando de costumes, de ciencia, bacterias e fotografía, que deberían facer os políticos para que as pegadas das súas accións non ensucien o camiño polo que debe andar a sociedade enteira?, para que desa pegada quede unha foto limpa? Os científicos da politoloxía aportarán, a bo seguro, ideas que lle axudarán á FECYT e ao CSIC  a adaptar as bases do concurso. Nese caso, quen gañe o vindeiro ano poida que sexa outra vez da área de parasitoloxía.

Artigo publicado en:

El Progreso (05/01/2016)
Diarío de Pontevedra (05/01/2016)
El Correo Gallego (06/01/2016)
La Región (06/01/2016)


Artigos publicados anteriormente:

1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros 
(12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo!
(25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal
(09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

8.) Táboa rasa (23/09/15)
9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15)
10.) Senlleiras (07/10/15)
11.)
E, se non foron eles? (14/10/15)
12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15)
13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15)
14.) Andar e pedalear (04/11/15)
15.) Seis mil linguas (11/11/15)
16.) Rico, en tres aspectos (18/11/15)
17.) Estudantes (25/11/15)
18.) Quedan na memoria (02/12/15)
19.) Nas orixes do Camiño (09/12/15)
20.) Residencia de Señoritas (16/12/15)
21.) Novos planetas (23/12/15)

22). Sen resentimento (30/12/15)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu