Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MAUNELA

Para orgullo de nós

Luís Celeiro

13/01/2016


A prensa galega deu conta estes días do cuarto cabodano de Isaac Díaz Pardo e do acto que se celebrou ao carón da súa tumba, no cemiterio compostelá de Boisaca, onde repousan tamén ilustres intelectuais, homes e mulleres do pobo, empresarios capitalistas, profesores, periodistas e escritores, pintores, ebanistas, funcionarios, traballadores e cregos de negro ou sen sotana. Foi en Boisaca, mesmo á entrada, no enorme cemiterio con sepulturas cheas de xente de ben. Foi  moi bonito lembrar colectivamente ao artista en tantos ámbitos, ao empresario, humilde benfeitor, intelectual de altura en campos diversos e promotor de iniciativas culturais, sempre de tendencia galeguista.

Organizou o acto a Academia Real Isaac Díaz Pardo, da que é secretario Xosé Ramón Fandiño e presidente, Xesús Alonso Montero, gozoso mestre de todos os académicos e dos alí presentes, chegados de diversos lugares de Ourense e de Lugo, de Pontevedra e da Coruña. A chuvia e o vento facían dobregar os paraugas e acompañaban co seu son ao das guitarras de Mini e Mero, ao mesmo tempo que humedecían o fol de cada unha das gaitas dos Encantadiños, dispostas para interpretar, ao remate, o himno de Galicia. 

O temporal fixo tremer as pernas das máis novas asistentes, as mozas estudantes do Instituto de Cacheiras, María López Penido e Carmen Rodríguez Ferreiro, que recitaron, con grande atino, o poema Cacheno. Roi Cagiao e Antón Pulido ilustraron o programa que lle serviu de guía á presentadora, Olivia Rodríguez. Foi longo e interesante. Ana Acuña, Antón Costa, Esperanza Mariño, Francisco Pita, Xesús Redondo Abuín e Marifé Santiago encheron de palabras a primeira parte. Na segunda, tocoulle á poesía e, xunto coas estudantes de Cacheiras, recitaron Carmen Blanco, Xoán Xosé Fernández Abella, Xesús Rábade Paredes, Claudio Rodríguez Fer e Helena Villar.

A terceira e última parte do acto comezou  co poema de Xesús Lorenzo Varela, Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados, que recitou Manuel Ucha e, despois de soltar dúas pombas e de facer unha ofrenda de mazás, Xesús Alonso Montero falou e cerrou. Con actos así, os homenaxeados mortos seguen como vivos, para orgullo de nós.


Artigo publicado en:

El Progreso (12/01/2016)
Diarío de Pontevedra (12/01/2016)
El Correo Gallego (13/01/2016)
La Región (13/01/2016)


Artigos publicados anteriormente:

1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros (12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo! (25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal (09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

8.) Táboa rasa (23/09/15)
9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15)
10.) Senlleiras (07/10/15)
11.)
E, se non foron eles? (14/10/15)
12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15)
13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15)

14.) Andar e pedalear (04/11/15)
15.) Seis mil linguas (11/11/15)

16.) Rico, en tres aspectos (18/11/15)
17.) Estudantes (25/11/15)
18.) Quedan na memoria (02/12/15)
19.) Nas orixes do Camiño (09/12/15)
20.) Residencia de Señoritas (16/12/15)
21.)
Novos planetas (23/12/15)

22). Sen resentimento (30/12/15)

23). Fungos e bacterias (06/01/15)

24). Para orgullo de nós (13/01/15)





Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu