Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

O bebé non ten culpa

Luís Celeiro

20/01/2016


Nos anos pasados, moitas mulleres, sobre todo aquelas que eran nais tardías, levaban os nenos, ao mes de nacer, con elas para o traballo, para a leira, para a horta, para a restreba, para o monte a onde ían gardar as vacas ou, cando as crianzas tiñan máis tempo, se era o caso, a nai levábaas para a escola. Senón, deixábaas na casa con algún familiar ou veciño. Os nenos, sempre ben coidados. Era o dobre traballo dunha nai das nosas, que facía o labor da casa, o traballo fóra e atendía con satisfacción e con esmero, con ledicia e sen axuda asalariada, aos fillos e fillas que tiña. As deputadas de hoxe, fillas daquelas nais traballadoras, son igualmente cariñosas, igualmente nais boas, boas compañeiras e tamén loitadoras polo futuro de tódolos nenos.

Os máis destes nenos e nenas quedan na casa xogando ou, por momentos, chorando, mentres pais e nais marchan para os seus respectivos traballos, moitos deles polo salario mínimo interprofesional. A muller policía cando vai de servizo non pode levar con ela ao fillo, por cativo e bo que sexa; a taquígrafa do propio parlamento ou a condutora do autobús tampouco, nin a señora ou señorita que traballa nas oficina de desemprego, ou na taberna da esquina vendendo polbo, ou na caixa de calquera establecemento, ou no servizo de limpeza municipal, ou mesmamente en sala xudicial ou aula universitaria. O pai tampouco.

A persoa que é deputada, si. Pode ir ao escano ou non ir, pode ensinar a súa filla ou fillo ás cámaras dos reporteiros ou non facelo. É conveniente, iso si, mostrar que é necesario contar con posibilidades de conciliación laboral e familiar, que permitan ás nais e pais traballar e coidar dos seus nenos e dos seus maiores, que -por certo- os segundos xa son máis que os primeiros. Calquera día, veremos na televisión a chegada ao Congreso ou ao Senado dalgún parlamentario co seu pai ou a súa nai da man, buscando un escano xunto ao corredor, ou coa súa tía-madriña remontando con dificultade as escadas de subida á bancada que lle corresponde.

A deputada nai sabe que o bebé non ten culpa de nada. Xa o dicía a Tía Manuela: de tanto traballar e pensar, unha pode acabar tola. Carolina! Descansa! Por favor, cando teña vacacións, volva á praia das Sinas e deixe que Diego corra, por onde vostede corría, que mire, escoite, observe e xogue con liberdade e sen parar.


Artigo publicado en:

El Progreso (19/01/2016)
Diarío de Pontevedra (19/01/2016)
El Correo Gallego (20/01/2016)
La Región (20/01/2016)


Artigos publicados anteriormente:

1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros (12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo! (25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal (09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

8.) Táboa rasa (23/09/15)
9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15)
10.) Senlleiras (07/10/15)
11.)
E, se non foron eles? (14/10/15)
12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15)
13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15)

14.) Andar e pedalear (04/11/15)
15.) Seis mil linguas (11/11/15)

16.) Rico, en tres aspectos (18/11/15)
17.) Estudantes (25/11/15)
18.) Quedan na memoria (02/12/15)
19.) Nas orixes do Camiño (09/12/15)
20.) Residencia de Señoritas (16/12/15)
21.)
Novos planetas (23/12/15)

22). Sen resentimento (30/12/15)

23). Fungos e bacterias (06/01/15)

24). Para orgullo de nós (13/01/15)

25). O bebé non ten culpa (20/01/15)



Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu