Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Tempos de carnaval

Luís Celeiro

27/01/2016


O pasado 24, foi Domingo Lambedorio no Entroido Ribeirao de Chantada. Tamén lle chaman domingo fareleiro ou borralleiro, pola tradición de ensuciar uns aos outros, con fariña, con borralla ou co que se poida. O mesmo día, en Xinzo,  o Petardazo resoou nos ouvidos dos ourensáns todos. Estamos en tempos de Entroido, coa festa estendida e ampliada por toda Galicia, para gozo dos romeiros e das veciñas e veciños de cada unha das zonas acarnavaladas,  que son bastantes, mesmamente, en Galicia.

En Ourense temos toda a Limia, Verín e Laza, Viana do Bolo, Manzaneda e Maceda. Temos Ourense capital de festexo, Boborás, Vilariño de Conso, Barbadás, Allariz, Toén, Carballiño e unha morea de Lugares con nome propio, aos que se pode acudir para festexar e rir.  En Pontevedra tamén fan festa rachada. Un dos lugares con máis fidelidade á tradición é Vilaboa, co “Antroido dos Cobres” que leva a  madamas e galáns de recorrido por varias parroquias, ao carón da illa de San Simón,  facendo festa, con música de charangas propias e coa danza dos Cobres, desde as dez da mañá ata a noite. Pero, toda a provincia estará disposta para recibir ás comparsas, ás máscaras e, incluso, en Vila de Cruces, Silleda e A Estrada recibirán aos Xenerais do Ulla, engalanados eles e os cabalos, conforme a unha tradición que cada ano adquire máis arraigo cultural nas distintas zonas.

En Cacheiras, no concello coruñés de Teo, en Touro, Boqueixón e Vedra tamén se presentan os Xenerais, para facer propostas en directo, dende o lombo do mellor cabalo, e para recriminar o que tiña que estar feito e non se fixo. Seguramente repitan as coplas de anos anteriores, coa esperanza de que, desta vez, non caian en saco roto. Os xenerais do Ulla teñen voz, escriben, preparan e ensaian os parlamentos, pero non teñen mando nin tropa. Son, efectivamente, xenerais do Entroido para as mascaradas de diante da coresma.
 
Este ano, adiantouse. O carnaval vén cedo e trae novos actores avezados, extraordinarios e afeitos. Os Xenerais, os peliqueiros, os felos, as comadres e compadres, os cigarróns, os lardeiros e vergalleiros, o volante, o maragato e os mecos quedarán en segundo plano e non poderán, nin coa axuda do Oso de Salcedo, impedir a deslocalización da carnavalada retransmitida en directo pola televisión pública e privada.


Artigo publicado en:

El Progreso (26/01/2016)
Diarío de Pontevedra (26/01/2016)
El Correo Gallego (27/01/2016)
La Región (27/01/2016)


Artigos publicados anteriormente:


26). Tempos de carnaval (27/01/15)25).
25). O bebé non ten culpa (20/01/15)

24). Para orgullo de nós (13/01/15)

23). Fungos e bacterias (06/01/15)


Ano 2015.-




Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu