Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Un mundo ao revés

Luís Celeiro

24/02/2016


Soñaba cun mundo novo  e foi correndo ao aeroporto máis próximo, a uns 25 km. de onde vivía. Vivía nunha casa modesta, especialmente pequena e pintada por dentro e por fora de cor augamariña. Augamariña toda ela. Era unha casa ben situada, no centro mesmo da cidade engrandecida polo ruído diario dos turistas estranxeiros, dos que viñan e ían sen saber moi ben onde estaban, nin cando chegaran, nin cando marchaban. Eran dos coñecidos como non practicantes do turismo sustentable, se é que o hai? Daquel que quere manter  o equilibrio entre os intereses sociais, económicos e ecolóxicos. Non podía apalpar o que quería e, xa que logo, soñaba. Tiña na súa casa un can de raza con pedigree, con garantía total de que non houbera entre os seus antecesores  cruces que lle fixeran desviarse da raza. Tiña absoluta certeza de que ao mirar para o can, vía unha un exemplar de pureza total.

Pero soñaba cun mundo diferente, onde os cans, os homes e os outros animais fosen como compañeiros da alma, como amigos de sempre e para sempre. Sen molestarse entre si e sen mal mirarse uns aos outros, coa educación necesaria e co suficiente respecto entre as razas distintas, fomentando sistemas de convivencia en igualdade, con harmonía e con graza. Si, coa graza de vivir revoltos no mesmo espazo e ao mesmo tempo, os homes e mulleres, os cans e as cadelas, ranchos e ranchas e tamén as gatas e os gatos de calquera tipo que sexan.

Soñaba cun mundo no que todos poidan ser turistas e visitar os lugares de interese que a cada quen máis lle apeteza. Soñaba e seguirá soñando, como se a vida fose unha pasaxe abordo dun barco de ferro e carballo que non encalla nunca en ningunha parte. Un barco para carrexar a todos os animais do mundo, os enumerados e aqueles outros que cada quen queira enumerar por escrito ou de palabra, con nome e apelido todos eles. Soñaba que estaba soñando.

Cando esperte verá aos animais en disputa permanente. Estarán todos planeando o turismo do futuro, que lles permitirá aos cans e aos gatos gozar de tempadas de asueto e lecer, mentres os homes preparan establecementos de hostalaría con capacidade suficiente para que todos os animais podan viaxar, turistear e relacionarse entre si, sen dependencia do amo. Efectivamente, estamos no camiño e non tardaremos en conseguir un mundo ao revés.


Artigo publicado en:

El Correo Gallego (24/02/2016)
La Región (24/02/2016)

El Progreso (23/02/2016)
Diarío de Pontevedra (23/02/2016)


Artigos publicados anteriormente:

30). Un mundo ao revés (24/02/16)
29). A Gripe, cada ano (17/02/16)
28). O can terá a palabra (10/02/16)
27). Un mundo enteiro (03/02/16)
26). Tempos de carnaval (27/01/16)
25). O bebé non ten culpa (20/01/16)
24). Para orgullo de nós (13/01/16)  
23). Fungos e bacterias (06/01/16)

Ano 2015.-



Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu