Hoxe é o ‘DÃa Internacional da Muller’, declarado por Nacións Unidas, organización que observa dÃas, semanas, anos e décadas sinaladas, cada unha cun tema. Neste mesmo mes de marzo, o un foi o ‘DÃa contra a discriminación’, o tres, o ‘DÃa Mundial da Vida Silvestre’; o dÃa vinte, será o ‘DÃa Internacional da Felicidade’; o vinte e un, o ‘DÃa Internacional da Discriminación Racial´, o ‘DÃa Mundial da PoesÃa’, o ‘DÃa Internacional do Novruz’, o ‘DÃa Mundial do SÃndrome de Down’ e o ‘DÃa Internacional dos Bosques’, para seguir co ‘Dia Mundial da Auga´ e asà ata as 16 celebracións que corresponden a este mes. Non damos feito. No caso de hoxe, parece que abondarÃa co sentido común, pero a discriminación e a desigualdade persisten e a súa erradicación ten que ser tarefa de todas e todos, de forma individual e conxuntamente.
A Onu, para o ‘DÃa Internacional da Muller’, neste 2016, pon como tema, «Por un Planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero». Igualdade para a que fai falta un paso largo e decidido, un paso valente que force a erradicación absoluta de calquera tipo de discriminación, con respecto aos dereitos humanos, sen excepción. Este dÃa debe servir para lembrar que é necesaria a loita diaria contra a desigualdade.
Alguén ten que mandar parar, para que as mulleres non sexan, en ningunha parte do mundo, vÃtimas dos traficantes, da explotación sexual e laboral, das violacións dos dereitos como persoas, da mutilación de órganos, das privacións e da miseria, de toda miseria humana, incluso da lexislativa. En moitos Estados, hai leis que expresamente discriminan á muller e que a obrigan á obediencia nas súas relacións maritais. Hai leis que teñen que ser abolidas, derrogadas ou suprimidas, para ben da humanidade, para que impere o respecto, o sentidiño e a igualdade en tódolos eidos.
A Onu quere avanzar na consecución dos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos na Axenda 2030 e todos deben (debemos) estar na acción para dar o paso. Os dezasete son importantes, pero o primeiro, «poñer fin á pobreza en tódalas súas formas en todo o mundo», é primordial. E, non ten menos calado o que fala de garantir oportunidades para unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todos. Observemos, por favor, tódolos dÃas como o ‘DÃa da Igualdade e da Liberdade’. Avancemos!
Artigo publicado en:
El Progreso (08/03/2016) DiarÃo de Pontevedra (08/03/2016) El Correo Gallego (09/03/2016) La Región (09/03/2016)
Artigos publicados anteriormente:
32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16) 31). O leite da leiteira (01/03/16) 30). Un mundo ao revés (24/02/16) 29). A Gripe, cada ano (17/02/16) 28). O can terá a palabra (10/02/16) 27). Un mundo enteiro (03/02/16) 26). Tempos de carnaval (27/01/16) 25). O bebé non ten culpa (20/01/16) 24). Para orgullo de nós (13/01/16) 23). Fungos e bacterias (06/01/16)
Ano 2015.-
|