Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Manuel María

Luís Celeiro

20/04/2016


Era Manuel, sen máis. Así lle chamou sempre a compañeira e amiga Margarita Ledo, unha das persoas  nas que o poeta tiña confianza plena.  Para algúns era Manuel María, sen apelidos, para outros era Manuel María Fernández Teixeiro, para todos era o mesmo, un home de corazón grande, con bonhomía,  con xenio, con cabeza e con razón para loitar a diario por unha Galicia liberada. Naceu en Outeiro de Rei e viviu anos en Monforte de Lemos, admirado polos lugareños, polos comerciantes da vila, polos mestres de escola, polos seus compañeiros da xustiza, polos labregos e campesiños, polos ferroviarios e polos que andaban de baranda  polas rúas ateigadas de xente nova. Admirado polos traballadores, músicos, pintores e cantores, por moitos que atopaban nel un respaldo total.

E, Saleta Goy? A súa dona, Saleta ten moito que dicir. Pasou miles de horas e de días co poeta a solas. Viaxou con el, leváballe escondido o tabaco e a navalla, volvía con el para a casa e así pasaba a vida, ollando e admirando aquela compañía que tiña e tanto quería. Manuel María era, sen máis, Manuel, un home de ben que moi ben escribía. Moito e ben, tanto  poesía como narrativa, ensaio, obra dramática ou artigos para o xornal. A súa riqueza literaria e de pensamento está estendida por Galicia enteira, dando froitos que coidadosamente atende e afaga Saleta.

Sabemos que cada un dos días do ano ten que ser día das letras galegas, pero a Real Academia, seguindo a ronda comezada, en 1963, con Rosalía de Castro, este ano homenaxea ao poeta chairego e monfortino ao mesmo tempo. Outra vez, a Real Academia Galega atinou. Homenaxeando a Manuel María fáiselles honra a todos os galegos e galegas que traballaron e seguen traballando na procura dunha Galicia próspera cultural e economicamente.

Quen somos dunha das aldeas montesías do Sur de Lugo, do Courel ou das súas proximidades e coñecemos tamén a valía, a valentía e a literatura de Novoneyra e Fiz Vergara, estaremos de por vida agradecidos a Manuel María, por deixarse querer, por escribir o que escribiu e por ser como foi: un mestre para moitos, pero especialmente para os escritores mozos e para as mozas escritoras. Coa súa navalla e a súa sabedoría labraba, unha a unha, as palabras que debuxaba coa pluma e o corazón.


Artigo publicado en:

El Progreso (19/04/2016)
Diarío de Pontevedra (19/04/2016)

El Correo Gallego (20/04/2016)
La Región (20/04/2016)


Artigos publicados anteriormente:

38). Manuel María (20/04/16)
37). Días de incerteza (13/04/16)
36). A Ferradura, en Abadín (06/04/16)
35). Respecto ás diferenzas (30/03/16)
34). Que tempo fará mañá? (23/03/16)
33). Final do celibato (15/03/16)
32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16)
31). O leite da leiteira (01/03/16)
30). Un mundo ao revés (24/02/16)
29). A Gripe, cada ano (17/02/16)
28). O can terá a palabra (10/02/16)
27). Un mundo enteiro (03/02/16)
26). Tempos de carnaval (27/01/16)
25). O bebé non ten culpa (20/01/16)
24). Para orgullo de nós (13/01/16)  
23). Fungos e bacterias (06/01/16)

Ano 2015.-



Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu