Onde se cruzaban camiños, os nosos devanceiros construÃan cruceiros, magnÃficas obras de arte e pedra que anunciaban por Galicia adiante que algo pasaba ou pasarÃa. Segundo os expertos, non hai concreción sobre a súa orixe, pero hai respecto ao que son, ao que foron, ao que significaron e significan. A Real Academia Galega di que un cruceiro é “unha cruz grande de pedra, lisa ou con figuras esculpidas, sobre unha longa columna asentada nunha plataforma, que se sitúa principalmente nas encrucilladas, á beira dos camiños, nos lÃmites das parroquias e nos adros das igrexasâ€. Iso é!
Pero, agora que os camiños non son como eran cando se fixo esta descrición, como os tempos tampouco son como eran, os expertos terán que redefinir o concepto e os novos cruceiros serán o que sexa, probablemente enormes monumentos virtuais que se colocarán nos camiños por andar da polÃtica e do progreso (ou do retroceso) para indicar que efectivamente están e estamos nunha encrucillada, igual que antes, sen saber por onde seguir, sen identificar a ruta, sen ter claro se é mellor coller o ramal que vai por Valcabrita ou o que ven do Alto de PÃa, se é igual seguir ao fronte ou dar a volta e andar para atrás, tal como se se fose avanzando.
O cruceiro do camiño é un monumento diante do que o camiñante para, pensa e reflexiona, repasa mentalmente o camiño andado e deseña a estratexia conveniente para seguir avanzando con éxito cara a onde vai. É un monumento que se asenta alÃ, onde o xefe da expedición ten que recordarlles e indicarlles aos mandados o punto xeodésico ao que se propuxeran chegar. Poida que sexa mellor escoller o camiño máis curto, sobre todo, cando oferta garantÃa de calidade e proporciona posibilidades para que todos os camiñantes cheguen con, máis ou menos, satisfacción. Todo parece polÃtica, pero non esquezan, amigos lectores, que, como dicÃa a TÃa Manuela, “os camiños da honestidade e da lealdade son sempre rectosâ€. Pois, sen medo, adiante!
Diante da encrucillada, cómpre pelexar e combater a amnesia. Antes de chegar, cómpre ter definido o itinerario e, sen apurar o paso, non demorar, non delongar para que ninguén se durma nos loureiros. Cómpre andar o camiño e chegar cedo, para dinamizar a romarÃa e rir. Rir e aplaudir con ganas, igual que o fan os extras mudos e asalariados durante e ao remate de cada vacua actuación. Renegado sexa o demo!
Artigo publicado en:
El Progreso (26/04/2016) DiarÃo de Pontevedra (26/04/2016) El Correo Gallego (27/04/2016) La Región (27/04/2016)
Artigos publicados anteriormente:
39). Cruce de Camiños (27/04/16) 38). Manuel MarÃa (20/04/16) 37). DÃas de incerteza (13/04/16) 36). A Ferradura, en AbadÃn (06/04/16) 35). Respecto ás diferenzas (30/03/16) 34). Que tempo fará mañá? (23/03/16) 33). Final do celibato (15/03/16) 32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16) 31). O leite da leiteira (01/03/16) 30). Un mundo ao revés (24/02/16) 29). A Gripe, cada ano (17/02/16) 28). O can terá a palabra (10/02/16) 27). Un mundo enteiro (03/02/16) 26). Tempos de carnaval (27/01/16) 25). O bebé non ten culpa (20/01/16) 24). Para orgullo de nós (13/01/16) 23). Fungos e bacterias (06/01/16)
Ano 2015.-
|