O primeiro de maio, o domingo pasado, foi o DÃa da Mai e o DÃa da clase traballadora. Xuntáronse dúas conmemoracións ben parecidas e diferentes ao mesmo tempo. Foi o DÃa da Mai dos traballadores, dos amigos, de todos os que constitúen o grupo numeroso da boa xente, dos polÃticos, dos adáns e baldroeiros, o DÃa da Mai de cada un de nós e de vós, aÃnda que moitos sabemos que tódolos dÃas de tódolos anos son o DÃa da Mai, moitas veces, case sempre, con celebracións caladiñas e ben sentidas. Pero, a tradición marca que aquà sexa o primeiro domingo de maio, que este ano tocou o dÃa un, como en Portugal, HungrÃa e Lituania. Grande ledicia para comerciantes grandes e pequenos. Todos atentos ás vendas para que os fillos e fillas desta terra nosa teñan lembranzas para a súa nai, naiciña, “como a que non hai ningunhaâ€.
Noutros lugares fan esta conmemoración noutro dÃa, maioritariamente escollen un da primavera. O vinte e un de marzo tocoulles ás mais de Exipto, LÃbano, Palestina, Siria e Xordania; para o oito deste mes de maio será en Corea do Sur. En Francia e Suecia celebran este dÃa o último domingo de maio; en Tailandia, o doce de agosto; en Arxentina, no mes de outubro; o oito de decembro, en Panamá, e o 22 do mesmo mes, cando aquà o Gordo da LoterÃa escapa para outra parte, en Indonesia festexan o DÃa da Mai e no mundo, que conta con cerca de sete mil cincocentos millóns de habitantes, hai miles de milleiros de millóns de mais. Cada unha delas e todas, excepcionais.
Son tamén mais de traballadores como elas, de noite e de dÃa, en moitos casos. Mais e fillos, pais, avós e avoas, irmáns e irmás, con algunha condición que os identifica, constitúen a “casta†traballadora, poderÃase dicir que forman unha clase social ben diferenciada da “casta†a secas, da que algúns falan e que parece pertinente que se acabe.
A coincidencia temporal foi total, o mesmo dÃa celebráronse o DÃa da Mai e o DÃa Internacional da Clase Obreira. Moitas das protagonistas da primeira celebración tamén o foron da segunda. Igual que en anos anteriores e a pesar de perseguir o mesmo obxectivo, as organizacións sindicais foron en manifestacións distintas. Cada unha delas viña de seu pai e da súa mai e Ãa polo seu camiño, o único verdadeiro. Para o ano que ven, deberÃamos pensar en conseguir que as mais fosen unidas e, con tanta forza, darlle media volta ao mundo.
Artigo publicado en:
El Progreso (03/05/2016) DiarÃo de Pontevedra (03/05/2016) El Correo Gallego (04/05/2016) La Región (04/05/2016)
Artigos publicados anteriormente:
40). Cadaquén, polo seu camiño (04/05/16) 39). Cruce de Camiños (27/04/16) 38). Manuel MarÃa (20/04/16) 37). DÃas de incerteza (13/04/16) 36). A Ferradura, en AbadÃn (06/04/16) 35). Respecto ás diferenzas (30/03/16) 34). Que tempo fará mañá? (23/03/16) 33). Final do celibato (15/03/16) 32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16) 31). O leite da leiteira (01/03/16) 30). Un mundo ao revés (24/02/16) 29). A Gripe, cada ano (17/02/16) 28). O can terá a palabra (10/02/16) 27). Un mundo enteiro (03/02/16) 26). Tempos de carnaval (27/01/16) 25). O bebé non ten culpa (20/01/16) 24). Para orgullo de nós (13/01/16) 23). Fungos e bacterias (06/01/16)
Ano 2015.-
|