Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

No esquecemento

Luís Celeiro

11/05/2016


Impresionan e gustan ás persoas que as descobren, que as ven e miran para elas cos ollos, co corazón e coa mente. Coa mente liberada de maldades e co corazón arrogante chorreando amor á arte, ao debuxo ben feito, ás caricaturas que falan cargadas de mensaxe e de memoria, como as do artista galego Xosé María Cao Luaces, que ata finais de ano andarán por Galicia dando que falar á xente, aos críticos, aos artistas, aos docentes e a todas aquelas persoas que teñan oportunidade de velas, ata o doce de xuño, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, e despois, en Pontevedra, en Ourense, en Lugo, Melide, A Coruña e Cervo.

En Cervo foi onde naceu Xosé María Cao, en 1862, e en Cervo, na fábrica de Sargadelos, traballou de neno. Despois, foise para Madrid e deseguido para  Bos Aires, onde a súa man de artista deixou unha pegada especial, fermosa, intelixente e duradeira. Foi o “patriarca da caricatura arxentina” e agora, outro dos grandes caricaturistas de Galicia, o presidente do Club de Prensa de Ferrol, Siro López coordina con gran habelencia unha exposición con 40 traballos da súa autoría, promovida pola Consellería de Cultura e Educación e que ten por obxecto dar a coñecer ao artista lucense e a súa obra.

Patriarca en Arxentina e descoñecido na súa terra, en Galicia. Así é a vida e así é a morte, que a este Patriarca chegoulle en xaneiro de 1918, cando estaba retirado na localidade de Lanús (Bos Aires) e cando, en palabras do prestixioso xornalista Juan José de Soiza Reilly, “máis que un artista, era un psicólogo profundo, un analista que calaba os miolos e  facía caricaturas que eran como autopsias”.

Sen máis, os que andamos no mundo do xornalismo temos que agradecerlle a Siro López a súa intervención e a súa acción para sacar da calixe  da historia  a este artista e xornalista satírico, Xosé María Cao Luaces, e por poñer á vista de todos a súa obra, o seu talante e o seu traballo, no Museo do Humor de Fene, no Club de Prensa de Ferrol, cun libro editado pola Deputación de Lugo en 1993, con algunhas conferencias e agora con esta exposición que dará pé a outros eventos de coñecemento e recoñecemento dos méritos deste intelectual e debuxante republicano galego e membro da Masonería arxentina. Que non quede no esquecemento!


Artigo publicado en:

El Progreso (10/05/2016)
Diarío de Pontevedra (10/05/2016)

El Correo Gallego (11/05/2016)
La Región (11/05/2016)


Artigos publicados anteriormente:

41). No esquecemento (11/05/16)
40). Cadaquén, polo seu camiño (04/05/16)
39). Cruce de Camiños (27/04/16)
38). Manuel María (20/04/16)
37). Días de incerteza (13/04/16)
36). A Ferradura, en Abadín (06/04/16)
35). Respecto ás diferenzas (30/03/16)
34). Que tempo fará mañá? (23/03/16)
33). Final do celibato (15/03/16)
32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16)
31). O leite da leiteira (01/03/16)
30). Un mundo ao revés (24/02/16)
29). A Gripe, cada ano (17/02/16)
28). O can terá a palabra (10/02/16)
27). Un mundo enteiro (03/02/16)
26). Tempos de carnaval (27/01/16)
25). O bebé non ten culpa (20/01/16)
24). Para orgullo de nós (13/01/16)  
23). Fungos e bacterias (06/01/16)

Ano 2015.-



Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu