Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Na memoria colectiva

Luís Celeiro

18/05/2016


É magnífica, é guía, é interesante e ilustra o que é Galicia, a través de cen obxectos que están en permanente diálogo e que van contando o que fomos e o que probablemente seremos, se non vén o demo remedialo. É Galicia cen obxectos, unha exposición organizada polo Consello da Cultura Galega, comisariada por Manuel Gago Mariño, coa coordinación de Rocío Figueroa Guisande e deseño de Pepe Barro. Estará en Santiago de Compostela, en Afundación ata o mes de setembro e, despois, irá para A Coruña e para Vigo, dando conta da inmensa importancia da cultura galega ao longo dos anos, en tódolos seus aspectos. O presidente da entidade que a promove, o profesor Villares Paz di que “a iniciativa xorde da reflexión de que, ademais de preservar os valores culturais do pobo galego, é preciso tamén realzar o valor do patrimonio cultural e facilitar a súa mellor difusión e goce por parte da cidadanía”. Grazas, Don Ramón.

Son cen obxectos, pero dan moito que ver e axudan á reflexión e a afondar no pensar e na análise de cada un dos camiños a seguir, para chegar a unha Galicia mellor da que tivemos e mellor da que temos. Tanto a exposición coma o libro, editado co seu motivo, son obras que axudan a remover no presente e no pasado, para encarrilar ben o futuro. Hai pinceladas da historia, dende o Paleolítico Inferior  ata o Xabarín de Miguelanxo Prado, de 1994. Son cen e poderían ser cen mil ou cen millóns. O traballo do equipo que armou esta mostra foi inxente.

O visitante vai e ve o coñecido, obxectos incrustados na memoria colectiva. O futbolín, por exemplo, a maza do canteiro, a leiteira ou as cuncas e o pote da queimada, de Buño ou de Niñodaguia. A máquina de escribir, as latas de conserva, o autobús de liña e, mesmamente, a bicicleta de barra ou sen ela, son outros dos obxectos que dan vida á mostra.

Significativo. Vázquez Portomeñe, quen foi conselleiro da Xunta de Galicia en varias ocasións, ten na exposición dous obxectos creados, ou mellor dito, alentados, alimentados e impulsados por el. Ámbolos dous son mostra da importancia do consenso na acción política. Un é de 1984,  o cartel da campaña Fálalle Galego, posta en marcha pola Consellería que dirixía, coa súa amiga Paz Lamela, en Política Lingüística. O outro é o Pelegrín, o símbolo do Xacobeo 93, querido e apreciado por galegos e forasteiros. Parabéns, Conselleiro.


Artigo publicado en:

El Progreso (17/05/2016)
Diarío de Pontevedra (17/05/2016)

El Correo Gallego (18/05/2016)
La Región (18/05/2016)


Artigos publicados anteriormente:

42). Na memoria colectiva (17/05/16)
41). No esquecemento (11/05/16)
40). Cadaquén, polo seu camiño (04/05/16)
39). Cruce de Camiños (27/04/16)
38). Manuel María (20/04/16)
37). Días de incerteza (13/04/16)
36). A Ferradura, en Abadín (06/04/16)
35). Respecto ás diferenzas (30/03/16)
34). Que tempo fará mañá? (23/03/16)
33). Final do celibato (15/03/16)
32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16)
31). O leite da leiteira (01/03/16)
30). Un mundo ao revés (24/02/16)
29). A Gripe, cada ano (17/02/16)
28). O can terá a palabra (10/02/16)
27). Un mundo enteiro (03/02/16)
26). Tempos de carnaval (27/01/16)
25). O bebé non ten culpa (20/01/16)
24). Para orgullo de nós (13/01/16)  
23). Fungos e bacterias (06/01/16)

Ano 2015.-


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu