Ninguén poderÃa imaxinar que nos tempos que corren, xa no comezo avanzado do século XXI, terÃamos no noso arredor riscos de exclusión social, o peor mal que se lle pode presentar a unha sociedade normalizada e, aparentemente, en evolución cara a mellor. E, con todo, a principios deste mes de xuño, o informe anual “Análise e Perspectivas 2016†da fundación Foessa advirte que as persoas e os seus problemas non foron o centro de atención das polÃticas dos últimos anos. Tal vez poidamos considerar a advertencia como innecesaria, por ser a situación ben coñecida, pero aà queda. Os datos demostran que aumentaron as desigualdades entre os grupos de poboación e entre as distintas Comunidades Autónomas.
Ao parecer, a crise trouxo consigo unha enorme redución dos ingresos familiares, calculada no dez por cen e cun efecto moi negativo para aquelas familias que tiñan ingreso pequenos ou persoas en situación de paro. Xa o dicÃa a TÃa Manuela, “a can fraco todo son pulgasâ€. O informe aludido asevera que “as diferenzas aumentaron e as rendas medias reducÃronse, producindo o afundimento das máis baixasâ€. O vinte por cen dos máis ricos da poboación aumentan a súa renda media coa crise, mentres que o vinte por cen dos que teñen menos, acaban na pobreza e con moitas dificultades para saÃr dela.
O paro aséntase e perpetúase na contorna da sociedade como un dos peores males e, mentres non se erradique, as familias afectadas por el terán unha complicada saÃda da crise ou non poderán saÃr nunca dese pozo que se escurece con máis intensidade cada dÃa. E, cantos máis vaian para o pozo negro, máis difÃcil será a redución da maldita pobreza, que ven como unha lousa, como un canto rodando e esmagando o porvir da sociedade, das xentes de ben e traballadoras, dos humildes, dos que merecen polÃticas que nivelen un pouco a balanza.
É conveniente, mellor dito, é imprescindible un novo modelo que favoreza a construción dunha sociedade solidaria, máis igualitaria, de respecto e de convivencia pacÃfica e, xa que logo, sen ningún tipo de explotación de ninguén. Amigos lectores, aqueles que aÃnda non estamos no pozo, temos a obriga de esixir unha sociedade xusta en tódolos aspectos, temos que contribuÃr nesa loita necesaria contra a fame e pola igualdade dos homes e mulleres de tódolos pobos do mundo. Vamos aló!
Artigo publicado en:
El Progreso (07/06/2016) DiarÃo de Pontevedra (07/06/2016) El Correo Gallego (08/06/2016) La Región (08/06/2016)
Artigos publicados anteriormente:
45). A igualdade necesaria (08/06/16) 44). Preparados para resistir (01/06/16) 43). Pendurados do teléfono (25/05/16 42). Na memoria colectiva (18/05/16) 41). No esquecemento (11/05/16) 40). Cadaquén, polo seu camiño (04/05/16) 39). Cruce de Camiños (27/04/16) 38). Manuel MarÃa (20/04/16) 37). DÃas de incerteza (13/04/16) 36). A Ferradura, en AbadÃn (06/04/16) 35). Respecto ás diferenzas (30/03/16) 34). Que tempo fará mañá? (23/03/16) 33). Final do celibato (15/03/16) 32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16) 31). O leite da leiteira (01/03/16) 30). Un mundo ao revés (24/02/16) 29). A Gripe, cada ano (17/02/16) 28). O can terá a palabra (10/02/16) 27). Un mundo enteiro (03/02/16) 26). Tempos de carnaval (27/01/16) 25). O bebé non ten culpa (20/01/16) 24). Para orgullo de nós (13/01/16) 23). Fungos e bacterias (06/01/16)
Ano 2015.-
|