Se os polÃticos doutros tempos levantaran a cabeza, ao ver actuar aos de agora, morrerÃan de xenreira, de zuna ou, seguramente, quedarÃan tocados pola rabia ao ver como andan as cousas. Os que están con verdadeiro fastÃo son os socialistas. Agora, Pablo Iglesias non é o que eles querÃan, o de sempre; é un mozo estudado, como son a maiorÃa dos novos, listo e con abundancia de saberes no eido da teórica, aplicado e acaparador de imaxes diversas e, para el, positivas. É barbilampiño e co cabelo atado nunha coleta que lle dá nome, verdadeiro sÃmbolo da súa influÃnte marca. Ninguén sabe o que pensa, pero é obvio que o seu discurso pensado é dos máis captados dos escoitados, segundo poñen de manifesto os informes do CIS.
A Carreira polÃtica de Iglesias arrancou xa cando era un bebeciño, cando se lle pon ao meniño o nome de Pablo, facendo co apelido unha sonora combinación de repercusións inesperadas para os que eran de Don Pablo Iglesias Posse, o fundador, o socialista e sindicalista, o tipógrafo ferrolán que nas polÃticas de hoxe queda, nun principio, relegado. Non pode ser nomeado nin reivindicado, nin recordado.
Iglesias Turrión disto non fala e de moitas outras cousas tampouco. Dalgunhas faino segundo sexa o escenario e o público ao que se dirixe. É un sibarita preocupado pola cor e o estilo do envoltorio e, no contexto de refinamento no que se desenvolve, pode dicir ao mesmo tempo, de forma indiferente, arre e xo e ser lambido coa mesma intensidade nos dous casos. É un polÃtico en toda regra, capaz de xerar co seu nome enorme nerviosismo na casa dos adversarios. É, sen dúbida, o maquinista, un piloto do cambio que case todos propoñen.
En Galicia, segundo a CartografÃa dos apelidos, elaborada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade, hai 56.097 persoas, distribuÃdas en douscentos setenta e oito concellos, que se apelidan Iglesias. Se todas van na mesma dirección, o de Podemos poderá escoller cadeira, mentres que os vinte e un Leiceagas e tódolos socialistas terán traballo dabondo con preservar e resgardar o nome do Pablo Iglesias de 1850, respectado, prezado, querido e admirado. Un home que só entendÃa ao socialismo na vinculación da acción polÃtica á defensa da clase obreira, da que agora ninguén se ocupa.
Artigo publicado en:
El Correo Gallego (15/06/2016) La Región (15/06/2016)
Artigos publicados anteriormente:
46). Don Pablo (15/06/16) 45). A igualdade necesaria (08/06/16) 44). Preparados para resistir (01/06/16) 43). Pendurados do teléfono (25/05/16 42). Na memoria colectiva (18/05/16) 41). No esquecemento (11/05/16) 40). Cadaquén, polo seu camiño (04/05/16) 39). Cruce de Camiños (27/04/16) 38). Manuel MarÃa (20/04/16) 37). DÃas de incerteza (13/04/16) 36). A Ferradura, en AbadÃn (06/04/16) 35). Respecto ás diferenzas (30/03/16) 34). Que tempo fará mañá? (23/03/16) 33). Final do celibato (15/03/16) 32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16) 31). O leite da leiteira (01/03/16) 30). Un mundo ao revés (24/02/16) 29). A Gripe, cada ano (17/02/16) 28). O can terá a palabra (10/02/16) 27). Un mundo enteiro (03/02/16) 26). Tempos de carnaval (27/01/16) 25). O bebé non ten culpa (20/01/16) 24). Para orgullo de nós (13/01/16) 23). Fungos e bacterias (06/01/16)
Ano 2015.-
|