Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Medallas Castelao

Luís Celeiro

22/06/2016


As Medallas Castelao deste ano déronse a coñecer recentemente e a escolla dos galardoados constitúe un acerto. Tres persoas relevantes nos eidos da cultura, da arquitectura e da enxeñería, Alfredo Conde, Xerardo Estévez e Xosé Antonio Vilaboa foron nomeados polo Consello da Xunta para seren exemplo do bo facer, xunto coa científica María Teresa Miras Portugal e o coro coruñés Cántigas da Terra. O día 28 de xuño, en acto de marcado carácter protocolario e institucional, recibirán as Medallas, como sinal da honra que merecen e que se lles tributa.
 
O padroado da Fundación do Pedrón de Ouro, que preside con grande tino o intelectual Xosé Ramón Fandiño Veiga, xa se adiantou homenaxeando a Cántigas da Terra, co seu máximo galardón deste ano, o Pedrón de Ouro, e entregándollo, o pasado 22 de maio, nun acto celebrado na casa de Rosalía de Castro, en Padrón. O coro cumpre cen anos, cando se celebra tamén o centenario das Irmandades da Fala. Naceu o 28 de decembro de 1916, precisamente, para que as ideas da organización impulsada por Antón Vilar Ponte, fosen pragmáticas e promoveran o uso da lingua galega nos distintos ámbitos, inculcándolle á xente o amor pola Terra e procurando que xermolara a cultura sementada a través da literatura, do canto, o baile, o teatro e de calquera outro tipo de manifestación tradicional.

Parabéns para tódalas persoas integrantes do coro, polo ben que cantan, pola súa historia, polo que aguantan e polos recoñecementos que lles ofertan e lles entregan. Parabéns tamén para os outros. A señora Miras Portugal, ademais de ser do Carballiño, é unha científica destacada, con méritos enormes no campo da neurociencia e cun importante bagaxe como xestora do coñecemento.
 
Alfredo Conde Cid e Xerardo Estévez Fernández merecen sobradamente esta Medalla, por mil razóns, por recordar e apreciar a Castelao e por seren, durante moitos anos, traballadores e loitadores polas liberdades e pola igualdade social. Ben que o dicía a Tía Manuela, “son como son”. Oxalá segan sendo así! Do enxeñeiro de Forcarei, Vilaboa Barreiro, tampouco hai que falar, é coñecido dabondo aquí e acolá. Presidente da Federación Guipuzkoana de Casas Rexionais, defensor e promotor dos valores do Camiño de Santiago e amante desta Galicia que, calquera día, remata o seu espertar.

Artigo publicado en:

El Progreso (21/06/2016)
Diarío de Pontevedra (21/06/2016)

El Correo Gallego (22/06/2016)
La Región (22/06/2016)


Artigos publicados anteriormente:

47). Medallas Castelao (22/06/16)
46). Don Pablo (15/06/16)
45). A igualdade necesaria (08/06/16)
44). Preparados para resistir (01/06/16)
43). Pendurados do teléfono (25/05/16
42). Na memoria colectiva (18/05/16)
41). No esquecemento (11/05/16)
40). Cadaquén, polo seu camiño (04/05/16)
39). Cruce de Camiños (27/04/16)
38). Manuel María (20/04/16)
37). Días de incerteza (13/04/16)
36). A Ferradura, en Abadín (06/04/16)
35). Respecto ás diferenzas (30/03/16)
34). Que tempo fará mañá? (23/03/16)
33). Final do celibato (15/03/16)
32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16)
31). O leite da leiteira (01/03/16)
30). Un mundo ao revés (24/02/16)
29). A Gripe, cada ano (17/02/16)
28). O can terá a palabra (10/02/16)
27). Un mundo enteiro (03/02/16)
26). Tempos de carnaval (27/01/16)
25). O bebé non ten culpa (20/01/16)
24). Para orgullo de nós (13/01/16)  
23). Fungos e bacterias (06/01/16)

Ano 2015.-


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu