Nese dÃa imposto pola norma electoral como DÃa de Reflexión, en Rianxo, o pasado sábado, 25 deste mes de xuño, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que preside o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, tributoulle á escritora Helena Villar Janeiro unha grande homenaxe, entregoulle a Letra E de 2016 e emocionouna, xusto corenta e catro anos despois do seu primeiro libro, facendo do dÃa, segundo manifestou, “un dos máis felices da vidaâ€. É un pracer ver tan agradecida a unha persoa, a unha muller de tal talla intelectual, a quen desexa contar o que hai no mundo ao mundo, con datos, interpretación, opinión e, sobre todo, con xustiza, gusto e ledicia.
Xa é a XXII edición da “homenaxe ao escritor ou á escritora na súa Terraâ€, impulsada como as anteriores para dar lustre, para dar a coñecer o facer dos escritores e escritoras e para achegar protagonismo ás distintas zonas de Galicia, a aquelas onde naceu o homenaxeado, onde vive ou onde cada quen decide. Trátase, obviamente, dunha acción de enorme importancia no marco do denominado turismo cultural e co ánimo de pregoar a cultura propia. Accións como esta serven para agrandar o orgullo de nós, para loar o traballo daquelas persoas que se dedican á creación e para que, aÃnda que sexa a golpe de literatura, a xente poida seguir respirando.
Helena Villar Janeiro, naceu en Becerreá e andou pola montaña dos Ancares ensinando, foi a Santiago de Compostela e namorouse das beiras da Arousa e “agora fólgome de vivir entre as históricas pedras de Compostela e nunha aldea de Rianxoâ€. Narradora, poetisa, ensaÃsta, tradutora e articulista, unha traballadora da cultura, unha mestra gozosa de si e da familia, do mar, da terra e das súas xentes, con miles de historias escritas e ideadas co seu marido, o tamén escritor lucense, Xesús Rábade Paredes.
Agora a nómina de ilustres rianxeiros e rianxeiras agrandouse e a escritora homenaxeada ten na vila de Castelao e Manuel Antonio un loureiro coas follas perennes, plantado por ela, e un monólito que, de por vida, dará sinal da honra que se lle fixo o pasado dÃa vinte e cinco, coa presenza de moita xente do mundo da cultura e da polÃtica. Ela é muller do ensino, fraguada coa experiencia e sempre preocupada pola interacción desta coa instrución. Como di a TÃa Manuela, sabe que sempre hai espazo para aprender. Aprendamos!
Artigo publicado en:
El Progreso (28/06/2016) DiarÃo de Pontevedra (28/06/2016) El Correo Gallego (29/06/2016) La Región (29/06/2016)
Artigos publicados anteriormente:
48). Helena (29/06/16) 47). Medallas Castelao (22/06/16) 46). Don Pablo (15/06/16) 45). A igualdade necesaria (08/06/16) 44). Preparados para resistir (01/06/16) 43). Pendurados do teléfono (25/05/16 42). Na memoria colectiva (18/05/16) 41). No esquecemento (11/05/16) 40). Cadaquén, polo seu camiño (04/05/16) 39). Cruce de Camiños (27/04/16) 38). Manuel MarÃa (20/04/16) 37). DÃas de incerteza (13/04/16) 36). A Ferradura, en AbadÃn (06/04/16) 35). Respecto ás diferenzas (30/03/16) 34). Que tempo fará mañá? (23/03/16) 33). Final do celibato (15/03/16) 32). Na loita contra a desigualdade (09/03/16) 31). O leite da leiteira (01/03/16) 30). Un mundo ao revés (24/02/16) 29). A Gripe, cada ano (17/02/16) 28). O can terá a palabra (10/02/16) 27). Un mundo enteiro (03/02/16) 26). Tempos de carnaval (27/01/16) 25). O bebé non ten culpa (20/01/16) 24). Para orgullo de nós (13/01/16) 23). Fungos e bacterias (06/01/16)
Ano 2015.-
|