Moitos non o entendemos, pero está aÃ. Permanece no tempo e as crónicas din que se trata do festival máis cruel do mundo, no que os chinos da cidade de Yulin, unha das grandes (con cerca dun millón de habitantes) da provincia de Guangxi, celebran o solsticio de verán comendo carne de can asada ao espeto. Pola mañá cediño, ese dÃa, o máis longo do ano, comezan a matanza de milleiros de cadelos, procedan de onde procedan. Uns, a maiorÃa, son mascotas dos mesmos que os matan e comen, outros son pillados ao lazo e moitos veñen de granxas de engorda. A cantidade total de animais mortos na data é duns dez mil. Guangxi é unha comunidade autónoma, con capital en Nanning e cunha poboación que se acerca aos cincuenta millóns de habitantes.
Foi o 21 de xuño e os promotores da tradicional matanza entenden que, ao comer carne de cadelo e beber licor, a poboación goza de mellor saúde durante o ano. Sorprendente! Os defensores dos animais, os animalistas non dan creto e non entenden a resistencia que atopan ás súas prédicas, ás súas reivindicacións, á súa loita contra o mal trato animal. Nos restaurantes cociñan, requentan, serven e cobran. Traballan arreo para que todos e todas vaian contentos e contentas. Eles, como os partidarios da masacre, entenden que se trata da práctica dunha expresión do patrimonio cultural da zona.
A cultura, á veces, ampara estas cousas, estas prácticas estúpidas, que os chinos de Guangxi comparan coas formas gastronómicas doutros lugares do mundo. E, moitos son os que alimentan o debate, lembrando o que se fai coas vacas e os becerriños, coas ovellas e os seus añiños, cos polos, os pavos e os porcos da ceba, que tanta fame quitaron nesta mesma Galicia da churrascada e da carne ao caldeiro. As informacións destes dÃas non eran moi alentadoras. Ao parecer, en China consúmense, por ano, unhas oitocentas mil toneladas de carne de cadelo e unha boa parte deles son sacrificados de maneira ilegal.
ReferÃndose aos distintos tipos de cultura, o meu amigo X. Piñeiro, que ten un veciño que pasea tódolos dÃas á súa mascota MimÃ, que peitea ao cadeliño e dalle bicos nas orellas e nos fociños, pregúntase quen manda aquÃ, o can ou o amo? A TÃa Manuela sábeo ben: o can é o mellor amigo do home, aÃnda que o home non sexa amigo do can. Logo, que mande quen proceda!
Artigo publicado en:
El Progreso (05/07/16) DiarÃo de Pontevedra (05/07/16) El Correo Gallego (06/07/2016) La Región (06/07/2016)
Artigos publicados anteriormente:
49). O amigo do home (05/07/16)
1º semestre de 2016.- Ano 2015.-
|