Na ciencia cómpre ter confianza. Moitos compartimos a idea de que aÃ, na ciencia está a esperanza, por iso todo o gasto que se faga neste eido debe ter a consideración de investimento para o futuro, para o benestar social, para a solidariedade entre homes, mulleres e pobos, entre tódolos pobos do mundo. Temos avances importantes e unha consideración moi positiva dos mesmos, pero a sociedade actual debe ser esixente con aquelas persoas que fan o reparto dos orzamentos para que se poida seguir avanzando e dando pasos na procura de sabelo todo, de onde vimos, a onde imos e como é o mundo no que vivimos. A ciencia ten que axudar tamén a erradicar as enormes desigualdades. Nela podemos e debemos ter fe. E, miren vostedes!, atopa explicación tamén ao fenómeno do envellecemento dos humanos, que tanto preocupa a moitos. Segundo un estudio recentemente publicado na revista Nature, a forma de envellecer pode estar determinada moito antes do seu comezo, dado que a mutua influencia dos xenomas nuclear e mitocondrial consegue unha adaptación celular con incidencia na calidade do envellecemento. Ao cambiar o xenoma da mitocondria, prodúcense cambios no ritmo do envellecemento.
Este estudo está capitaneado polo Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares Carlos III (CNIC) e nel participa, como primeira asinante, a investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, Ana Latorre Pellicer, unha das integrantes do grupo de investigación que lidera o profesor Carracedo. Entre as autoras do mesmo figuran tamén Raquel Cruz e Beatriz Sobrino.
O envellecemento é un proceso imparable, pero a ciencia, despois de experimentar cos ratos, fará que se desenvolva de forma saudable. Se os cientÃficos seguen nesta liña, e teñen os apoios necesarios, conseguirano e, desa forma, teremos un mundo moito máis rico. Ben que o dicÃa a TÃa Manuela, “a riqueza é ter saúdeâ€. E, volvemos ao de sempre, os paÃses máis pobres teñen enfermidades mortais ás que non poden atacar. Sen embargo, hai quen asegura que a riqueza non é suficiente para ter boa saúde. É obvia a necesidade da interacción da ciencia, da economÃa, da polÃtica, dos sistemas sanitarios e sociais para acadar goce na vida e no envellecemento.
Artigo publicado en:
El Progreso (12/07/16) DiarÃo de Pontevedra (12/07/16) El Correo Gallego (13/07/2016) La Región (13/07/2016)
Artigos publicados anteriormente:
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O amigo do home (05/07/16)
1º semestre de 2016.- Ano 2015.-
|