A palabra falabarato está de moda e non é por cousa boa. Un falabarato é quen fala moito sen saber moi ben o que di, un baduán barallocas, un esbardalleiro ou, sinxelamente, un bardallas que vai pola vida berrando, case ladrando. Trátase de falar por falar, de escoitar pouco, prestar interese reducido aos interlocutores e armar barullo ou facer zarapalladas, onde queira que sexa. A esta xente, a TÃa Manuela temÃalle. LÃbreme Deus da súa presenza!, exclamaba.
Pero como o falar non ten cancelas, sempre houbo e hai quen facÃa e fai uso e abuso da paciencia dos outros para dar renda solta ao seu falar sen dicir nada ou dicindo do que non sabe. Vaia lea! Se na rúa principal da cidade preguntamos aos transeúntes o nome de falabaratos, maioritariamente enumeran aos mesmos, uns e outros son tal para cal. Sen palabra, sen mirada, sen ideas novas, sen sosego e sen compromiso, desacreditando totalmente á función polÃtica que pretenden realizar. De seguir asÃ, e tal como van as cousas, ben parecen obrigados a saÃr caladiños e caladiñas, tarde ou cedo, co rabo entre as pernas, pola rota silandeira do ostracismo.
Pola contra, se pararan de darlle á lingua e actuaran, se fixeran algo máis do que fan, algo do que debÃan facer, os homes e mulleres dos partidos vellos e novos acadarÃan, probablemente, un maior respecto da cidadanÃa e unha mellor valoración nas enquisas e nos faladoiros de calquera tipo que sexan, deses faladoiros de xentes do común que queren verse representados con dignidade e ter orgullo dos seus representantes.
Os compromisos adquÃrense e respéctanse, como fixeron sempre os nosos paisanos aldeáns, que tiñan a palabra convertida en lei. Eu tiven o privilexio de afalarlle moitas veces ao becerro que meu pai levaba para vender na feira e vin como aquel becerro apalabrado era vendido polo acordado, sen máis. Cando dous homes se daban a mau, non habÃa máis que falar, estaba o trato feito e pechado de por vida, con seguridade. Na polÃtica de hoxe, amigas e amigos, é outra cousa, bastante peor, lamentable. Dan a súa palabra e despois, poida que ao dÃa seguinte, coa mesma vehemencia e cun discurso igualmente impetuoso, propoñen o contrario do que dixeron e do que prometeron, dando a saber que o falar non ten cancelas. Artigo publicado en:
El Progreso (19/07/16) DiarÃo de Pontevedra (19/07/16) El Correo Gallego (20/07/2016) La Región (20/07/2016)
Artigos publicados anteriormente:
50). O falar non ten cancelas (20/07/16) 50). Envellecemento saudable (13/07/16)
49). O amigo do home (05/07/16)
1º semestre de 2016.- Ano 2015.-
|