A patria é moito dicir e non é nada. Os dicionarios defÃnena como o lugar de nacemento, como a terra natal ou adoptiva, como a nación á que se pertence ou á que se ten o sentimento de pertencer. A patria miña ou a súa pode ser a mesma ou non. Vostede, de defender, vai defender a súa, con razón ou sen ela. Os mozos que facÃan a mili, antes do ano 2002, eran alistados forzosamente para sumarse a un exército que tiña como principio a defensa da patria, da que aquel exército entendÃa como a patria común, independentemente de que cada soldado tivera a súa propia. É certo, tamén falaban da `patria chica´, algo sen demasiada importancia para aqueles faladores que pretendÃan agrandar o seu mando á conta de recortar as liberdades dos homes e dos pobos.
En Galicia, hoxe igual que sempre, a patria galega está parcelada e cada grupo, grande ou pequeno, ten a súa e deféndea. Non sei se é a mesma patria dividida ou se os grupos teñen cada un a súa propia. Antonte, todos estaban na defensa dela. Os do Bloque, onda sempre e firmes como sempre. Noutra esquina, acercándose á casa do presidente da Xunta de Galicia, festexaban os de Anova, con Xosé Manuel Beiras gozando de todas as atencións. AlÃ, en Galeras, estaba a súa patria separada da Patria Galega dos milleiros de persoas que remataron a manifestación na Quintana.
Os outros grupos ou partidos polÃticos, ao seu xeito, festexaron o 25 de xullo como un dÃa importante e intentaron acaparar, canto máis mellor, espazo nos medios de comunicación e concentrar reporteiros no seu entorno, facendo servir á militancia como carnada. E, despois da festa, que? SerÃa ben buscar ou facer un tempo para analizar cal é a patria do persoal, por exemplo, deses investigadores e investigadoras brillantes que se formaron nas universidades galegas e despois forxáronse en prestixiosos centros de investigación e universidades do Reino Unido, de Italia, Alemaña e Estados Unidos.
Cal é a patria de Herminio, un mariñeiro de Aguiño, fillo e cuñado de mariñeiros, que navega mar adentro cunhas fotos da nai, da muller e da filla, sen saber cando vai volver a velas. Aà está a patria deste mariñeiro ou, mellor dito, as tres patrias, ás que aprecia por igual, por xunto e por separado. O mar tamén é patria, neste caso, a patria da tristeza, da soidade e da melancolÃa.
Artigo publicado en:
El Progreso (26/07/16) DiarÃo de Pontevedra (26/07/16) El Correo Gallego (27/07/2016) La Región (27/07/2016)
Artigos publicados anteriormente:
52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16) 50). Envellecemento saudable (13/07/16)
49). O amigo do home (05/07/16)
1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|