Unha das grandes satisfaccións que se pode ter é a do recoñecemento. Non poden imaxinarse vostedes o cheo de gozo que un queda, cando se lle achega de súbito unha persoa moza e chea de ledicia preguntando, acórdaste de min? Fun alumna/o de Xornalismo ou de Comunicación Audiovisual. AlegrÃa polas dúas partes, parolada longa, intercambio dos números de teléfono e ata a próxima. PermÃtanme que lles diga o que xa noutras ocasión dixen: na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, dentro de todo o bo, o mellor foron e seguen sendo os estudantes.
Das 11.540 prazas que se ofertan este ano para comezar estudos nas tres universidades de Galicia, 75 son para estudar Xornalismo e 50 para Comunicación Audiovisual, en Santiago de Compostela. Os matriculados na primeira das titulacións teñen unha nota da selectividade igual ou superior a 10,530 e dos matriculados na outra, a nota máis baixa é de 9,858. As notas de corte para matricularse nas outras titulacións de Comunicación de Galicia, Audiovisuais, en Coruña e Pontevedra, e Publicidade e Relacións Públicas, en Pontevedra, foron pouco más baixas que as de Santiago.
Dar clases a alumnos de tan alto nivel e que, entre outras moitas cousas, xa saben pensar e pensan, é un verdadeiro privilexio e unha extraordinaria oportunidade para ensinar aprendendo. Tamén é un reto importante, parece obrigado que teñan un alto rendemento nos seus respectivos graos. De non acaecer asà maioritariamente, serÃa conveniente revisar algún dos factores que interveñen no proceso. A TÃa Manuela sempre o dicÃa: estudade rapaces, non paredes, seguide ao mestre, se é bo e, se non, estudade sen el. Ela, como o pensador chino, Confucio, entendÃa que a formación xera confianza, esperanza, paz e porvir.
Estes milleiros de mozas e mozos que comezan estudos universitarios no vindeiro mes de setembro, serán os profesionais que, nuns anos, estarán de funcionarios na Administración Pública, nos hospitais, nos centros de ensino, nas empresas, nos xulgados e na polÃtica traballando para seguir avanzando na construción do paÃs. A súa formación será a única garantÃa para construÃr unha sociedade que sexa mellor. Todas e todos, como os de Xornalismo que andan polo mundo, axudarán a orientar o futuro, independentemente do grao no que se matriculen. Ãnimo e saúdos!
Artigo publicado en:
El Progreso (02/08/16) DiarÃo de Pontevedra (02/08/16) El Correo Gallego (03/08/2016) La Región (03/08/2016)
Artigos publicados anteriormente:
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16) 50). Envellecemento saudable (13/07/16)
49). O amigo do home (05/07/16)
1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|