Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

A USC, entre as mellores

Luís Celeiro

17/08/2016

Os estudantes universitarios pagan por un curso nunha das universidades catalanas tres veces máis que nunha das galegas, onde as taxas non se modificaron nos últimos anos e son as máis baixas das universidades do Estado. Temos unha Universidade de calidade contrastada, con equipamentos tecnolóxicos e con equipos humanos de alta cualificación, con investigadores de talla e talento que se sitúan nas respectivas áreas de coñecemento, e segundo avaliacións distintas,  entre os de maior reputación do mundo.  Agora mesmo, estes días, deuse a coñecer o resultado dun prestixioso ránquing, o coñecido como o ránquing de Shangai, que relaciona ás cincocentas mellores universidades do mundo e, entre elas, está a de Santiago de Compostela.

Que a cinco veces centenaria Universidade galega sexa unha das doce do Estado que se sitúan entre as mellores do mundo, é un orgullo para os universitarios galegos, para a comunidade docente e  investigadora e para os cidadáns, que son quen pagan. Este ano mellorou posicionamento na listaxe, situándose no intervalo 301-400, xunto coa Autónoma de Barcelona, a Complutense, a PompeuFabra e as politécnicas de Cataluña e Valencia.

As que contan con premios Nobel ou Medallas Fields no seu cadro de persoal téñeno máis fácil para aparecer nunha boa posición na listaxe, pero tamén é relevante o traballo dos profesores e investigadores con publicacións en Nature ou Science, cun alto nivel de cita e de impacto. Este é un dos parámetros nos que a USC se defende con soltura e con solvencia, como no volume de artigos científicos indexados polo ScienceCitationIndex-Expanded (SCIE) ou no Social ScienceCitationIndex (SSCI).

Segundo o ránquing da Universidade JiaoTong de Shanghai, a de Santiago é unha Universidade boa en produción científica, en calidade docente, na calidade da educación e en rendemento institucional per cápita. Máis de medio centenar de investigadores e investigadoras que traballan nos campus de Lugo e Santiago cóntanse entre os máis relevantes do Estado Español, polo seu índice h (indicador que informa do impacto que dentro dunha área científica concreta tivo a produción dun investigador). Os galegos estamos, pois, de noraboa. Xa o dicía a Tía Manuela, se hai coñecemento, non hai medo ao futuro.

Artigo publicado en:
El Progreso (16/08/16)
Diarío de Pontevedra (16/08/16)
El Correo Gallego (17/08/2016)
La Región (17/08/2016)

Artigos publicados anteriormente:

55).A USC, entre as mellores (17/08/16)

54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ánimo e saúdos! (03/08/16)
52).A patria
(27/07/16)
51).
O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16)
49). O amigo do home (05/07/16)

1º semestre de 2016.-
 
Ano 2015.-

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu