Unha amiga, boa profesional, estudada e case sabia, veciña dunha cidade das nosas, da que non é necesario dar o nome, dicÃa con voz recia que a súa era unha bela cidade, bonita, limpa, aberta e na que gustaba vivir, se non fose polos lugareños, os do piso de arriba e os de abaixo, os daquela casa e os da outra, os que coñecÃa e os que sinxelamente pagaban os impostos, como ela pagaba, e votaban cando ela votaba. Os Ãan tamén comprar aos supermercados, ao traballo, á praia, ao cine e ao teatro. Eran normais, pero, ao entender da miña amiga, afeaban a cidade, incluso, coa súa normal forma de falar.
E, asÃ, cantas cousas se ven? Que bonitos parques temos, con poucos nenos xogando, con algunha xente máis, con esculturas e con cadelos envorcándose, se non fose polo lixo estrado; que bonito este sendeiro arranxado para andar e tódolos sendeiros bonitos, se non fosen os plásticos tirados, se non fose a sucidade e a desatención á que están sometidos. Que bonitos os prados de calquera aldea, se se regaran; os bosques, se se preservaran, se estiveran limpos e non queimados. Que bonitas serÃan as cerdeiras en flor ou con cereixas, se non fose a chuvia ácida, que non deixa comer aos paxaros, e que bonitas e produtivas serÃan as hortas urbanas, se se traballaran.
SerÃan ben bonitos os camiños e as corredoiras, as agras, as leiras pequenas sementadas, os prados gadañados e coas ourelas rozadas; os toxos feros e reverdecidos, os rÃos de auga cristalina, as pereiras e maceiras cargadas de froito, se se coidaran. Que bonitas as bibliotecas cheas de libros, con xornais e con lecturas en diversos idiomas, se estiveran cheas de xente lectora. Que bonitas as librarÃas, se venderan libros; que bonito o transporte público, se funcionara e que bonito serÃa mirar para o ceo e velo estrelado.
SerÃa bonito o patrimonio de todo tipo que temos en Galicia, arquitectónico, paisaxÃstico e artÃstico, se se respectara. Tan bonito como o respecto, cando se ten e se mantén. Que bonita serÃa a volta ciclista con toda a beleza do seu colorido, se fose fundamentalmente deportiva. Que bonito serÃa espertar algún dÃa e atoparse cunha Galicia ideal, liberada da especulación que conduce á miseria, unha Galicia enteira e con homes e mulleres que fosen donos e donas de seu.
Artigo publicado en:
El Progreso (23/08/16) DiarÃo de Pontevedra (23/08/16) El Correo Gallego (24/08/2016) La Región (24/08/2016)
Artigos publicados anteriormente: 56).Que bonito serÃa!
(24/08/16) 55).A USC, entre as
mellores (17/08/16) 54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O
amigo do home (05/07/16) 1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|