Moitos dos lectores escoitarÃan repetidas veces aquilo de que os homes que tiñan o poder na man querÃan que os labregos coidaran as vacas en Galicia, nos prados verdes de boa herba seca, para despois poñelas en ringleira e a todas xuntas muxilas dende Madrid, mentres aqueles humildes traballadores naufragaban en solitario nos regos do seu minifundio. Os que abusaban do poder que tiñan, tamén muxÃan aos propios labregos e ás súas familias pobres. Foi unha época de tortura e martirio diario para a maior parte dos fogares do rural de Galicia, considerando aos labregos como empresarios, a través da maldita cota empresarial, da que aÃnda quedan recordos que non se borrarán ata que pase máis tempo.
Aquela cota empresarial, inxusta e indebida, desapareceu. Quitárona grazas ao esforzo revolucionario dos que se opuxeron a ela con tódalas súas forzas, co corazón, coa alma e coa cabeza, a principios da década dos oitenta do século pasado, cando o leite se achegaba á parada do camión que pasaba cargado de leiteiras metálicas de 20 litros, cando os leiteiros e as leiteiras andaban, porta por porta, no reparto diario, vendendo, cobrando e pagando. PermÃtanme que, a modo de homenaxe a estas xentes, cite a Aurora Liste Forján, a leiteira de Calo, irmán do Xeneral Lister, que pasou a vida repartindo xarras de leite polos pisos dos universitarios de Compostela.
O leite nas casas labregas non sobraba nunca. O que quedaba dos becerros e non se vendÃa, bebÃano os máis pequenos da familia; cando non, Ãa para a ola e a ama da casa, co mazarelo facÃa leite mazado, convertÃa a súa tona en manteiga e, cando era o caso, facÃase queixo, moitas das veces callado, daquel de farraca que tanto gustaba e fartaba. E, agora? Pouco ou nada queda. Trocaron os mundos, cambiaron as formas de comer e de vivir, os modos de comercialización, os costumes e os hábitos alimenticios. Cambiaron os tempos.
Aà está, os que teñen o poder na man cambiarán o que faga falta para seguir coa dominación dos produtores e dos consumidores. Nestes dÃas, a Unión Europea propón pagar aos gandeiros catorce céntimos por cada litro de leite que deixen de producir. Queren reducir a produción nuns mil catrocentos millóns de toneladas. A medida, como di a TÃa Manuela, pode ser de “pan para hoxe e fame para mañáâ€.
Artigo publicado en:
El Correo Gallego (31/08/2016) La Región (31/08/2016)
Artigos publicados anteriormente: 57).Cambiaron os tempos (31/08/16) 56).Que bonito serÃa!
(24/08/16) 55).A USC, entre as
mellores (17/08/16) 54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O
amigo do home (05/07/16) 1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|