Un cientÃfico destacado do século pasado, o fÃsico Albert Einstein, coñecido pola súa teorÃa da relatividade e Premio Nobel, en 1921, polo seu traballo sobre o efecto fotoeléctrico, fixo achegas importantes sobre o proceso educativo e formativo das persoas. Entre outras cousas, dixo que “educación é o que queda despois de esquecer o que se aprendeu na escolaâ€. Unha escola que el querÃa para transmitir os valores da humanidade e procurar unha sociedade de cidadáns libres, creativos e xenerosos.
Non esta nada mal! SerÃa perfecto ver aos milleiros de nenas e nenos, de mozos e mozas que nestes dÃas se incorporan ás escolas e aos colexios de Galicia, dando ilusión, colorido e vida ao presente e facendo que o futuro sexa aberto e harmonioso para todos, sen ningunha distinción. SerÃa bonito verlles incorporar ao seu haber valores, educación e formación que permitan unha sociedade máis xusta e, xa que logo, máis igualitaria e con total respecto duns e dunhas polas outras e polos outros.
A escola é a porta do futuro. O dÃa 12 deste mes, uns douscentos mil escolares de educación infantil e primaria comezaron o curso e, o dÃa 15, foi a quenda dos de secundaria (ESO) e dos de bacharelato, cerca de cento cincuenta mil. Agora, Galicia pode presumir de ter unha escolarización plena (acadouse esta meta na metade dos oitenta, cando o de Chantada, VÃctor Manuel Vázquez Portomeñe era conselleiro do ramo). Galicia, de modo especial, pode presumir e alardear do traballo de todas e cada unha das persoas que integran os cadros de docentes, das que realizan tarefas administrativas e de servizos, e de moitas das que participan no sistema, entendendo que na escola é necesario rexeitar o autoritarismo e fuxir do tafo e da arbitrariedade dos mediocres.
A escola galega prézase de cumprir cun dos seus principais obxectivos, o de ensinar e, ao mesmo tempo, xunto cos pais, nais e familiares dos rapaces e, ao par da sociedade enteira, configurase como un referente no andar educativo dos máis novos, as nenas e nenos, que serán de inmediato as mulleres e os homes que seguirán comprometidos coa transformación do mundo ou, polo menos, empeñados en arranxalo, aÃnda que sexa nunha soa tarde, mentres o patio baleiro, na poesÃa de José Manuel de Lara, repite o eco dos cantos e dos rezos.
Artigo publicado en:
El Progreso (20/09/16) Dirio de Pontevedra (20/09/16) La Región (21/08/2016) El Correo Gallego (21/08/2016)
Artigos publicados anteriormente: 59). A escola (21/09/16) 59). Felicidades e ánimo! (14/09/16) 58). A calidade do aire (07/09/16) 57).Cambiaron os tempos (31/08/16) 56).Que bonito serÃa!
(24/08/16) 55).A USC, entre as
mellores (17/08/16) 54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O
amigo do home (05/07/16) 1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|