Os nenos e nenas que principiaron recentemente o curso escolar, andan desconcertados estes dÃas e sumidos no medio dunhas enormes discusións teóricas sobre os deberes escolares. Discusións que manteñen sabios en desacordo e outros actores que tampouco teñen iguais puntos de vista. Segundo os expertos nesta delicada materia, os deberes deberÃan servir para que se desenvolvan habilidades que favorezan a aprendizaxe e para reforzo da mesma, para que o estudantado adquira hábitos de estudio, estratexias de resolución de problemas e, quizais, tamén para avaliar a comprensión do alumnado e, incluso, a profesionalidade do mestre ou da mestra, responsable da asignación das tarefas que os nenos e nenas levan para a casa. Antonio Valle Arias, catedrático de PsicoloxÃa Evolutiva e da Educación da Universidade da Coruña, un dos profesionais recoñecidos polo seu traballo e as súas investigacións neste eido, considera que non se trata de “deberes si†ou “deberes nonâ€. Hai que ver os distintos matices, hai que pensar para que? E, sobre todo, á hora de asignar os deberes, cómpre ter en conta o tempo que os escolares van a investir na súa realización, as axudas coas que van contar e os resultados que se van acadar cos mesmos na escola.
Os deberes son unha ferramenta que debe manexar o profesorado para coñecer como aprendeu e asimilou o alumnado aquilo que se traballou na aula. Polo tanto, hai que repensar ou directamente erradicar os premios e os castigos por mor dos mesmos. Parece que o importante dos deberes é o proceso da súa realización e non só os resultados. É obvio que son obrigas, tarefas obrigadas e marcadas polos docentes, sen que haxa un consenso sobre as mesmas e, menos aÃnda, sobre a súa eficacia.
Quen fai os deberes? Cal é o papel dos pais ou das pasantÃas? Se é o caso, a quen avalÃa o mestre? Se penaliza ao neno ou nena que non fixo os deberes, a quen premia? Que sente o profesor ou profesora cando observa que un grupo dos seus estudantes non acadan os obxectivos, igual que outro, tan numeroso como o primeiro, que contou con apoios para facer os deberes? Naturalmente, solo resultan eficaces as tarefas escolares se as fai o alumnado e se coa súa elaboración mostran a eficiencia do traballo na clase. En Galicia, deberes si. Por que non? Pero, como di a TÃa Manuela, con cordura.
Artigo publicado en:
El Progreso (27/09/16) Dirio de Pontevedra (27/09/16) La Región (28/08/2016) El Correo Gallego (28/08/2016)
Artigos publicados anteriormente: 59). Deberes, por que non? (27/09/16) 59). A escola (21/09/16) 59). Felicidades e ánimo! (14/09/16) 58). A calidade do aire (07/09/16) 57).Cambiaron os tempos (31/08/16) 56).Que bonito serÃa!
(24/08/16) 55).A USC, entre as
mellores (17/08/16) 54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O
amigo do home (05/07/16) 1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|