Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Parecen galegos!

Luís Celeiro

12/10/2016


O sueco Alfred Nobel, despois de estudar química e enxeñaría e de conseguir significativos avances nestes campos profesionais e de investigación, dá o seu nome aos premios que seguen sendo hoxe os máis prestixiosos dos coñecidos. A primeira cerimonia de entrega destes galardóns (en Literatura, Física, Química e Medicina) celebrouse en Estocolmo, en 1901. Neste mesmo ano entregouse tamén o primeiro Premio Nobel da Paz, nun acto celebrado en Oslo. E, case setenta anos despois, en 1969, en memoria do creador do Nobel, entrégase o primeiro Premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas, o Nobel de Economía.

Trátase dos premios máis valorados do mundo, pero só un galego, Camilo José Cela, puido acadar tal honra, en 1989, cando lle outorgan o Nobel de Literatura. Xunto ao escritor de Padrón, outros seis españois acadaron o Nobel. O primeiro foi José de Echegaray, tamén co de Literatura, en 1904. Neste eido é onde houbo máis premiados, en concreto, outros catro, Jacinto Benavente (1922), Juan Ramón Jiménez (1956) e Vicente Aleixandre (1977). Os outros dous galardoados foron, co de Medicina, Santiago Ramón y Cajal (1906) e Severo Ochoa (1959).

Dous portugueses, “irmáns dos galegos”, obtiveron o Premio Nobel, un deles en Medicina (1949), Antonio Caetano de Abreu Freire Egas Moniz, e outro en Literatura (1998), José Saramago. É difícil, pero en Galicia estamos de noraboa, nos últimos anos visitáronnos varios destes científicos destacados e premiados. Aquí estiveron, na Universidade de Santiago de Compostela, deixaron pouso en Galicia, contribuíron á divulgación da ciencia e achegárona á cidadanía. Foron co profesor Mira, con parada fixada en Fisterra, velas mareas do mar.

E, nestes días pasados, coñecéronse os galardoados co Nobel en Física e o Nobel en Química de 2016, tres foron os premiados en cada caso. No primeiro, os británicos John M. Kosterlitz, David J. Thouless e Duncan Haldane, con liñas de investigación e con traballos compartidos con científicos galegos, investigadores de talla grande da Física na Universidade de Santiago. No segundo caso, o Nobel en Química foi para os británicos Jean-Pierre Sauvage e Sir J. Fraser Stoddart e para o holandés Bernard Feringa, con discípulos destacados e amigos persoais na USC de Galicia. Parecen galegos!

Artigo publicado en:

El Progreso
(11/10/16)
Dirio de Pontevedra
(11/10/16))
La Región (12/10/16)
El Correo Gallego
(12/10/16)

Artigos publicados anteriormente:

63). Parecen galegos!
(11/10/16)
62). O gato, razoando
(05/10/16)
61). Deberes, por que non? (27/09/16)
60). A escola (21/09/16)

59). Felicidades e ánimo! (14/09/16)
58). A calidade do aire (07/09/16)

57).Cambiaron os tempos (31/08/16)
56).
Que bonito sería! (24/08/16)
55).
A USC, entre as mellores (17/08/16)
54)
.Como te chamas? (10/08/16)
53).
Ánimo e saúdos! (03/08/16)
52).
A patria (27/07/16)
51).
O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16)
49). O amigo do home (05/07/16)
 
1º semestre de 2016.-

Ano 2015.-

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu