Para comer, o mellor sitio que a
maiorÃa coñece é a casa e, en segundo lugar, a casa dos pais de calquera dos
amigos, de calquera das compañeiras do estudo ou do traballo. A casa do primo
ou a da tÃa, unha casa de alguén na que os sabores recorden amizade e abran os
corazóns dos e das comensais, que comen e falan e falan sen parar. Cando non
hai fame, comer é unha acción con malevolencia, é unha perdición para a saúde,
algo que se debe facer só cando hai moderación e forza de vontade para parar.
Comer é unha cousa e alimentarse, xa o dicÃa
Quevedo, é outra.
En Galicia cómese ben, moi ben. En
Pontevedra teñen as súas especialidades e son perfectas, igual que as de
calquera lugar da provincia de Ourense. En Lugo, xa o anunciaban os carteis,
“para comer... Lugo†e na Coruña hai tamén unha gastronomÃa de perfección que
cativa aos visitantes e fai fartura para todos, sen distinción. En Brión, mesmo
xunto da igrexa de Santa Minia, está a casa Filiberto, con sabor á tradición e
con feitura de novo cuño, con cadencia e con música como a dos músicos de Paderne que, mentres
comÃan, afinaban os instrumentos e humedecÃan as palletas para tocar na festa e
sentir como as mozas e mozos, bailando ao anoitecer, facÃanse felices.
AlÃ, VÃctor Pumarega, dende a cociña,
atende de forma excepcional e serve a unha clientela fantástica e diversa,
estudantes e traballadores, funcionarios e médicos da pública e da privada,
persoal sanitario de tódolos centros, decanas, obreiros, mestres e mestras,
profesores e profesoras, os dos Premios da Critica e os premiados, pintores,
escritores, deportistas, xornalistas, polÃticos e veciños, entre eles o amigo
Vizoso, o gran artista, cartelista e deseñador dos xogos de café de Sargadelos,
daqueles que foron como xogos divinos.
En Filiberto mestúranse os sabores ancestrais,
procurados por Herminia, a avoa louzariña, case na raia entre os concellos de
Samos e o Caurel, coas novas formas de cociñar, dando lugar a combinacións
magnÃficas. Se é menú, está ben e se é de encarga, tamén. A cabra como a de
Conxo, Sar ou Vista Alegre; o cocido con carne e chourizos curados na serra,
con patacas de alta calidade e verdura de verde verdÃn. En fin, todos son
produtos frescos da horta, frescos do mar e de granxa boa, co toque inconfundible
de VÃctor.
Artigo publicado en:
El Progreso (18/10/16) Dirio de Pontevedra (18/10/16)) La Región (18/10/16) El Correo Gallego (19/10/16)
Artigos publicados anteriormente:
64). O toque de VÃctor Pumarega (19/10/16) 63). Parecen galegos! (11/10/16) 62). O gato, razoando (05/10/16) 61). Deberes, por que non? (27/09/16) 60). A escola (21/09/16) 59). Felicidades e ánimo! (14/09/16) 58). A calidade do aire (07/09/16) 57).Cambiaron os tempos (31/08/16) 56).Que bonito serÃa!
(24/08/16) 55).A USC, entre as
mellores (17/08/16) 54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O
amigo do home (05/07/16) 1º semestre de 2016.-
Ano 2015.- |