Dúas mulleres de mediana idade, sentadas nunha cafeterÃa da súa cidade, debatÃan con serenidade sobre o uso e o mal uso das máquinas sempre presentes neste mundo do seu dominio. Para unha, o labor das máquinas é moi positivo e para a outra, é absolutamente discutible. Probablemente teña que ser, precisamente, unha máquina a que nos oriente das súas vantaxes e desvantaxes. Para moitos resulta chocante saÃr da casa, onde quedan varias máquinas funcionando, e atoparse cunha ringleira delas, das que ninguén é quen de separarse. Un caixeiro automático para sacar diñeiro, a fotocopiadora de moedas, a máquina do aparcadoiro de calquera barrio, miles de máquinas expendedoras de produtos varios e tropezóns constantes diante de diferentes aparellos que funcionan tragando moedas e sen dar cambio.
Hai máquinas que fan novelas, que pintan o retrato de quen vostede queira, que venden libros, auga ou pan, chuvasqueiros, chocolate, zapatillas, manzanilla, todo tipo de refrescos ou cervexa de máis e de menos calidade. Hainas para todo e que fan de todo, incluso, fotos de fotomatón. As mulleres estaban desoladas e sorprendidas ao ver que as máquinas lles permitÃan vivir e comprar sen falar e sen coñecer a quen tiña que estar detrás do mostrador. Estaban asombradas da capacidade que tiñan para acatar ordes mecánicas e sentÃanse máis libres, tan só dependentes dos propios aparellos, algúns deles de magnÃfico e atractivo deseño.
DeberÃa estar ao servizo das persoas, pero cando só hai máquinas, xa se ve que as persoas traballan para elas, mentres aumenta o paro, a riqueza duns poucos e a maiorÃa perde nas súas condicións de vida. A maiorÃa sempre perde. E, canto máis perda, máis se agranda o negocio dos que sempre ganan.
A esta maquinaria, que pode ser destrutiva, os que se aproveitan dela envólvena no pano luxoso das innovadoras comunicacións, facendo ver que todo é progreso. “Grazas ás novas tecnoloxÃas, pódense facer transaccións en calquera dos mercados financeiros do mundo, sen saÃr da casaâ€, din. A quen lle importa? Pódese facer de todo, incluso xogar ao fútbol dende a cama, como aqueles amigos virtuais que ao verse no barrio eran outros, absolutamente descoñecidos, o gordo do primeiro e o gordiño do terceiro da casa da esquina.
Artigo publicado en:
El Progreso (25/10/16) Dirio de Pontevedra (25/10/16)) La Región (26/10/16) El Correo Gallego (26/10/16)
Artigos publicados anteriormente:
65). Máquinas, para todo (26/10/16) 64). O toque de VÃctor Pumarega (19/10/16) 63). Parecen galegos! (11/10/16) 62). O gato, razoando (05/10/16) 61). Deberes, por que non? (27/09/16) 60). A escola (21/09/16) 59). Felicidades e ánimo! (14/09/16) 58). A calidade do aire (07/09/16) 57).Cambiaron os tempos (31/08/16) 56).Que bonito serÃa!
(24/08/16) 55).A USC, entre as
mellores (17/08/16) 54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O
amigo do home (05/07/16) 1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|