Estamos no ano do centenario das Irmandades da Fala e, por tal motivo, na semana pasada, a Universidade e outras institucións renderon homenaxe a LuÃs Porteiro Garea, un dos fundadores das Irmandades en Santiago, o profesor que pronuncia a primeira conferecia en galego na Universidade, sendo un dos seus novos profesores de Dereito. Esta homenaxe serviu para lembrar varias historias, incluso para reler Da terra asoballada de Ramón Cabanillas, onde hai un poema, ¡En pé!, dedicado a Porteiro e no que o `poeta da raza´ fala do asoballamento dos galegos e reivindica un paÃs libre.
Un paÃs libre para todos os homes e mulleres de a pé, para os que o merecen e o queren. Libre de incompetencia e de incompetentes, asà serÃa un bo paÃs para vivir “co corazón aberto a toda verba amiga†e libre de medos. Que lle parece? A tÃa Manuela, neste caso, lembra un dito de Aristóteles, “quen supere os seus medos será verdadeiramente libreâ€, independentemente da súa condición social.
Os de a pé tamén teñen dereito á liberdade, son cidadáns coma os outros, tan importantes coma calquera dos cidadáns do mundo mundial. Son maiorÃa ou máis aÃnda, son os que teñen que asumir a responsabilidade de xuntarse para defender os seus intereses, seguramente coincidentes cos dos máis dos lectores deste artigo e, obviamente, cos de quen escribe. Os de a pé son como os de a cabalo, homes e mulleres que traballan, que dialogan falando e laboreando para acadar acordos que melloren as condicións de vida das maiorÃas encantadas e/ou insatisfeitas. De todo hai baixo do sol que, por certo, este ano sorprendentemente quenta agarimoso nesta terra nosa, onde sabemos que a liberdade, como dicÃa Albert Camus, debe ser un principio do noso pensamento, do pensamento de tódalas persoas normais e correntes, da xente de a pé. A xente de Galicia, de a pé, silandeira e traballadora onde toque, na función pública, na ensinanza, na sanidade, no sector primario, na pouca industria, nos servizos e na emigración sempre maldita. Xa se ve, hai motivos para esixir e, como os das Irmandades da Fala, é conveniente ser recios e non deixarse dobregar polas fantasÃas dos que queren homes libres “pra servir e pra non serâ€, dos que lle dan vigor á LetanÃa de Galicia de Uxio Novoneyra, o grandÃsimo poema de 1968 que ninguén debe esquecer.
Artigo publicado en:
El Progreso (01/11/16) Dirio de Pontevedra (01/11/16) La Región (02/11/16) El Correo Gallego (02/11/16)
Artigos publicados anteriormente:
66). Xente de a pé (02/11/16) 65). Máquinas, para todo (26/10/16) 64). O toque de VÃctor Pumarega (19/10/16) 63). Parecen galegos! (11/10/16) 62). O gato, razoando (05/10/16) 61). Deberes, por que non? (27/09/16) 60). A escola (21/09/16) 59). Felicidades e ánimo! (14/09/16) 58). A calidade do aire (07/09/16) 57).Cambiaron os tempos (31/08/16) 56).Que bonito serÃa!
(24/08/16) 55).A USC, entre as
mellores (17/08/16) 54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O
amigo do home (05/07/16) 1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|