Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Minguan os dereitos

Luís Celeiro

09/11/2016


Estaba desesperada. Aquela muller non tiña posibilidades de sosego. Os seus fillos  mozos andaban polo mundo traballando, un apañaba cereixas no val de Okanagan, na provincia canadiense de Colombia Británica, a uns catrocentos quilómetros de Vancouver, e a rapaza, co seu mozo, traballa de camareira nun local montado para veraneantes na costa croata, no Adriático,  concretamente en Dubrovnik, a seiscentos quilómetros de Zagreb. Ela choraba a lonxanía e a tardanza do retorno, miraba en Google Maps e desesperábase máis do que estaba. Non soportaba tanta distancia por medio
.
Que mal anda o mundo!, dicía a muller chea de razón e de sentimento. Uns tanto e outros con tan pouco. Ela, María Dolores, Lola para tódolos coñecidos (menos para a xefa), traballa na limpeza con contratos por substitución, por necesidades do servizo, por unha baixa de curta duración ou, se é o caso, por unha baixa de duración indeterminada, por un permiso de maternidade ou porque lle da a gana ao xefe ou a xefa, ao responsable da empresa que ten a  concesión e que limpa colexios, hospitais, casas de comunidades de veciños, almacéns de materiais ou o que apareza por diante.

Contratos por ducias cada ano, liquidación, finiquito e a volver empezar, sen saber cando nin ata cando. Sen saber se vai ir mañá ou se mañá libra, sen ter horario definido, nin días de libranza, nin nada de nada. Traballando e sen falar, como as compañeiras. E, as compañeiras traballan como mulas, por un salario de miseria que chega escasamente para mal comer. Un salario acordado cos sindicatos e negociado pola empresa e os representantes dos traballadores, os liberados con anos de experiencia no transcendente labor.
 
Pasoulle pola cabeza dedicarse á política, pero non deu o paso, non se atreveu, colleu medo e con el foi votar para axudarlles aos seus. O outro día, lendo o xornal quedou sorprendida e arrepentida “dese ... medo noxento”. “Unha deputada rasa, aínda que sexa a primeira vez que se inscribe na Seguridade Social, gaña máis nun mes do que eu cobro en medio ano”, di esta traballadora que, como moitas outras vítimas da especulación e da desatención, ve como minguan, se ensomen e se consumen os dereitos das traballadoras e dos traballadores, tanto no plano salarial como no social.


Artigo publicado en:

El Progreso
(08/11/16)
Dirio de Pontevedra
(08/11/16)
La Región
(09/11/16)
El Correo Gallego
(09/11/16)

Artigos publicados anteriormente:

67).
Minguan os dereitos (09/11/16)
66). Xente de a pé (02/11/16)
65). Máquinas, para todo (26/10/16)
64).
O toque de Víctor Pumarega (19/10/16)

63). Parecen galegos! (11/10/16)
62). O gato, razoando
(05/10/16)
61). Deberes, por que non? (27/09/16)
60). A escola (21/09/16)

59). Felicidades e ánimo! (14/09/16)
58). A calidade do aire (07/09/16)

57).Cambiaron os tempos (31/08/16)
56).
Que bonito sería! (24/08/16)
55).
A USC, entre as mellores (17/08/16)
54)
.Como te chamas? (10/08/16)
53).
Ánimo e saúdos! (03/08/16)
52).
A patria (27/07/16)
51).
O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16)
49). O amigo do home (05/07/16)
 
1º semestre de 2016.-

Ano 2015.-


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu