Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

A soidade

Luís Celeiro

16/11/2016


Naquel lugar que algúns de vostedes recordan con oitenta ou noventa persoas de distintas idades, vive Antón da casa de Abaixo, de oitenta e dous anos, abatido pola soidade diaria, de noite e de día. Quedou só ao morrer, antes do verán, a súa veciña da casa de Arriba, de xunto da escola caída e que a fixeran, tan alegre, tan fermosa, tan abrigada e tan bonita, os veciños coas súa mans, coas táboas, coas pedras e as lousas que entre todos carretaran. A soidade esténdese pola Galicia do interior como se fose pandemia deste tempo.

En Galicia, no primeiro trimestre de 2016, naceron  4.639 bebés, poucos, moi poucos e menos nas zonas rurais, onde as aldeas abandonadas cóntanse por miles, igual que as persoas que viven soas, atrapadas polo final da desfeita, suspirando por ter con quen falar, por ter a quen mirar e escoitar. Que tristura! Cando eran mozas e mozos tanta xente e agora, ninguén. Soidade permanente ata o remate, que pronto chega.  Solas e solos de maiores nas aldeas de Galicia, mirando para o pasado e sentindo como o futuro moe os seus ósos. Ao longo do ano pasado, en Galicia, morreron máis de trinta mil persoas,  moitas, moitas.

Soidade grande é a das persoas que están nas residencias de maiores, ben coidados ou sen coidar, atendidos, medicados, mantidos, lavados e vestidos. Calados e resignados, esperado unha hora e despois outra, esperando pola noite, pola mañá, por ninguén. Soidade maldita! Nalgún sito lin que aumenta as probabilidades de mortalidade na mesma proporción que a obesidade. Aí temos dous males aos que convén poñer remedio. Deberían establecerse mecanismos que fortalezan boas relacións sociais e que xeren  confianza nun mesmo e nos outros e, como di a Tía Manuela, as cousas, tódalas cousas hai que facelas con sentidiño, pensando tamén nos veciños. 

Soidade por estar solos na aldea e soidade, igual ou peor, a de aqueles que se senten solos lonxe da terra, nas rúas ateigadas de xente que vai,  vén e volve coa mesma mirada e co mesmo pensamento apesarado, correndo polas beirarrúas, con milleiros de persoas ao seu carón, sen poder falar. En Hong kong, en Pekín, en  Tokio ou en calquera outra cidade da outra esquina do mundo, de Euskadi, da Cataluña francesa, en Lubiana ou nas portuguesas de Lisboa ou de Amarante, sen poder falar e sen ter nada que dicir, sen escoitar, devecendo polo aloumiño que non chega.

Artigo publicado en:

El Progreso
(15/11/16)
Dirio de Pontevedra
(15/11/16)
La Región
(16/11/16)
El Correo Gallego
(16/11/16)

Artigo citadeo por Pepe Castro en:

http://www.elidealgallego.com/opinion/jose-castro-lopez/arte-envejecer/20161204225107312611.html

http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/arte-envejecer/idEdicion-2016-12-05/idNoticia-1030540/
http://diariodepontevedra.galiciae.com/opinion/632805/el-arte-de-envejecer

Artigos publicados anteriormente:

68).
A soidade (16/11/16)
67). Minguan os dereitos (09/11/16)
66).
Xente de a pé (02/11/16)

65). Máquinas, para todo (26/10/16)
64).
O toque de Víctor Pumarega (19/10/16)

63). Parecen galegos! (11/10/16)
62). O gato, razoando
(05/10/16)
61). Deberes, por que non? (27/09/16)
60). A escola (21/09/16)

59). Felicidades e ánimo! (14/09/16)
58). A calidade do aire (07/09/16)

57).Cambiaron os tempos (31/08/16)
56).
Que bonito sería! (24/08/16)
55).
A USC,

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu