O subconsciente daquela xente estaba dominado polo medo. Medo a todo. Incluso, os polÃticos do momento metÃan medo, tanto coas súas arengas como coas súas accións contraditorias diarias e coa irrenunciable irresponsabilidade inherente á propia condición de defensores, en primeiro lugar, dos intereses persoais e do partido. O medo, ás veces, convértese en arma para arrebatar a liberdade á xente, para dobregar a vontade do pobo e impoñer mandatos e criterios, con razón ou sen ela. Segundo Aristóteles, o medo é un sufrimento que produce a espera dun mal.
O de Cataluña dá medo, din varios dos representantes polÃticos dende o parlamento e a través dos medios de comunicación; dá medo a independencia e a forma de gobernar do adversario. Todo o que non gusta asusta e produce desánimo na casta polÃtica. A uns dálles medo a forma de falar, de facer e de avanzar dos outros partidos e a estes asústalles a polÃtica dos anteriores. Estamos na encrucillada dos medos, aturando os tremores daqueles que tiñan que representarnos e defender tranquilamente os intereses colectivos. En polÃtica, a TÃa Manuela lembra unha expresión da cientÃfica Marie Curie, “non se lle debe ter medo a nada, senón comprendelo todoâ€.
Medo ao separatismo, medo ao uso das linguas propias, medo a que o pobo decida, medo aos avances culturais, sociais e de calquera tipo. Medo á información veraz, medo á liberdade dos outros, medo á educación e á formación do pobo soberano e medo dos poderosos á mingua e á diminución do seu poderÃo. Medo, moito medo ao medo. O voto do medo, o medo ao cambio, a un novo paso de andadura, á reflexión e á análise. Medo á perda de valores, á corrupción, ao abuso, á miseria e á desigualdade que aumenta cada dÃa.
A sociedade, segundo o filósofo británico Thomas Hobbes, está fundada sobre o medo e cando dúas persoas pretenden o mesmo posto, e só unha pode ocupalo, convértense en inimigas e cada unha delas ten medo do poder da outra. Na polÃtica actual vese ben, nos vellos e nos novos partidos. Cando dous queren mandar, dentro, declárase a guerra entre iguais e a explosión soa de tal forma que aparva, desconcerta e confunde aos fieis seguidores. Co “quÃtate tu, para poñerme euâ€, a división queda servida; a convivencia e a honestidade, cuestionadas; os principios, quebrados e o medo? Onde está o medo?
Artigo publicado en: El Progreso (13/12/16) Dirio de Pontevedra (13/12/16) La Región (14/12/16) El Correo Gallego (14/12/16)
Artigos publicados anteriormente:
72). Onde está o medo? (014/12/16) 71). No hospital, para curar (07/12/16) 70). Murallas de arames (30/11/16) 69). Intelixencia (23/11/16) 68). A soidade (16/11/16) 67). Minguan os dereitos (09/11/16) 66). Xente de a pé (02/11/16) 65). Máquinas, para todo (26/10/16) 64). O toque de VÃctor Pumarega (19/10/16) 63). Parecen galegos! (11/10/16) 62). O gato, razoando (05/10/16) 61). Deberes, por que non? (27/09/16) 60). A escola (21/09/16) 59). Felicidades e ánimo! (14/09/16) 58). A calidade do aire (07/09/16) 57).Cambiaron os tempos (31/08/16) 56).Que bonito serÃa!
(24/08/16) 55).A USC, entre as
mellores (17/08/16) 54).Como te chamas? (10/08/16)
53).Ãnimo e saúdos! (03/08/16) 52).A patria (27/07/16) 51). O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16) 49). O
amigo do home (05/07/16)
1º semestre de 2016.-
Ano 2015.-
|