Nada. Non hai nada que facer, nada que ver, nada que prognosticar ou predicir. Cambian os tempos e as formas, poro non cambia outra cousa, nada máis. Todo segue o seu ritmo para que suave e mansamente cambiemos de ano, para seguir cos mesmos problemas de sempre, coas mesmas manÃas que veñen de atrás, coa cabeza doÃda e o pensamento ferido. Aquà estamos cavilando, matinando no cambio conveniente, maxinando na arela e na idea de progreso. Avanzaremos? Seguramente! A ciencia e a innovación están no labor. E, a polÃtica?. A ciencia anda na procura de coñecemento sobre o bosón de Higgs, esa partÃcula de Deus, á que os cientÃficos atribúen un papel fundamental no mecanismo polo que se orixina a masa das partÃculas elementais. à que Stephen Hawking lle atribúe capacidade para destruÃr o Universo, do que forma parte a terra, onde é un punto pequeniño.
CientÃficos de universidades chinas e americanas traballan sobre as posibilidades de teletransportar a memoria, o estado cuántico interno, dun microorganismo vivo a outro, abrindo portas á posibilidade do teletransporte de seres vivos enteiramente, a través de osciladores electromecánicos e circuÃtos supercondutores. Estes investigadores propoñen crear un estado no que un microorganismo poda estar en dous lugares ao mesmo tempo, tal como o gato de Schrödinger, que estaba vivo e morto. Que lle parece?
A división de ciencia de Thomson Reuters publicou un informe coas dez predicións en innovación que deberÃan estar dispoñibles nos vindeiros anos, antes de rematar o 2025. Nestes tempos tan marcados pola aplicación das tecnoloxÃas, os expertos, biólogos, médicos e cientÃficos deben traballar nos coidados sanitarios para o ben da sociedade. Xa o dicÃa a TÃa Manuela, se puideran controlar a enfermidade de Alzheimer, a demencia, a diabetes, a tensións arterial e, aÃnda que só fose parcialmente, o cancro, que boas eran as innovacións e os experimentos.
Todos esperamos, e sabemos que chegará, o momento de vivir nun mundo comunicado totalmente, e de forma dixital, con comunicacións sen fÃos; con conexión directa, mesmo ao nacer, con quen xestione os mapas xenéticos, para saber por onde van os tiros. Todos queremos mellorar e que o mudo mellore, por iso as persoas experimentadas entenden que convén aproveitar as sinerxÃas e, xa que logo, facer que a enerxÃa solar sexa a que cubra as necesidades da maior parte da poboación, da agricultura e da industria. A bo seguro que, en dez anos, os tempos de hoxe serán como a prehistoria. Aà está. As innovacións que veñan, que veñan ben e vostedes, amigas e amigos lectores, que as vexan. Estaremos atentos e seremos comedidos.
|