Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Vaia por Deus!

Luís Celeiro

11/01/2017


O teléfono móbil mata. Morre moita xente no mundo pola súa culpa, polo uso mal feito deste aparello aparentemente servizal, útil e favorecedor da comunicación entre uns e outros, da derradeira comunicación en moitos casos. Dicíao o outro día o meu amigo Xoán, un dos que coñezo que detesta e anoxa o teléfono móbil en tódalas situacións e circunstancias. Dicía -digo-  que se trataba dun dos grandes inimigos da humanidade. Se non fose porque o escoitaba polo teléfono, dáballe a razón, como xa lla dei noutras ocasións, por certeza, por consecuencia e por revelarse contra dos avances destrutivos da convivencia e da vida. Da vida que, como cantaba Johon Lennon, “é aquilo que che vai sucedendo mentres te entretés en facer outros plans”.

Ao mesmo tempo que as compañías de seguros poñen en circulación unha aplicación que permite facer o parte de accidente desde o Smartphone que cada quen leva no peto, a organización Mundial da Saúde, revela que a metade dos accidentes de tráfico son producidos pola distracción dos condutores  e esta distracción, na maioría dos casos, é debida ao uso do celular, falando ou mensaxeando con calquera das modalidades que se ofertan para consumo dos mortais, para facer do teléfono un dos principais factores de risco.

Chámante para saber o que tardas, para comprobar que estás en camiño, para darche un recado sen présa, para ter ao minuto un parte meteorolóxico fiable, para recomendarche unha música enraizada no lugar polo que estás pasando ou para dar un consello. Sinxelamente, chaman para nada ou para render conta dunha nova que o interlocutor escoitou na radio: “Durante o ano pasado, morreron nas estradas máis dun millón duascentas mil persoas e cerca de medio millón quedaron tullidas”. Os malditos accidentes moito mal fan. Vai engorde! e non te entreteñas! Todos sabemos que o importante é chegar e chegar ben.

O móbil apareceu como un símbolo de liberdade, erradicou aquela imaxe negativa de quen falaba só pola rúa, e a súa expansión foi fulminante. Milleiros de antenas ocultas nas cidades,  GPS, Wifi, Bluetooth, cámara de foto e vídeo, nas mans dos meniños e dos maiores, sen miramentos e sen escrúpulos, axudando ao negocio e fomentando a incomunicación. Condutores e maquinistas enredando co seu celular, morrendo e matando. Vaia por Deus!

Artigo publicado en:

El Progreso 
(10/01/17)
Dirio de Pontevedra (10/01/17)
La Región (11/01/17)
El Correo Gallego (11/01/17)

Artigos publicados anteriormente:

76).
Vaia por Deus! (11/01/17)
75). Venturoso 2017! (04/01/17)

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu