Diante da Academia, da Real Academia Galega (RAG), hai que cadrarse, erguer o peito, expoñer a alma e render homenaxe, cada dÃa, á Institución senlleira e defensora da nosa lingua, integrada por sobranceiras personalidades dos distintos ámbitos da cultura e da vida de Galicia, dende o seu nacemento. No artigo primeiro dos estatutos, defÃnese como “unha institución cientÃfica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego". Constitúese en 1905 e, ata 1923, Manuel MurguÃa preside a súa andadura. Unha andadura que comeza coa idea de "darlle unidade ao idioma galego mediante a publicación dunha gramática e un dicionario". Por mor da guerra civil, tivo un perÃodo escuro, unha longa tempada de silencio, cos seus académicos mortos ou no camiño do exilio.
Despois reverdeceu de novo e, hoxe, ten pleno esplendor. Brilla soa e con forza na campa das letras, das humanidades, da literatura, da cultura e da ciencia. O mestre, o profesor e intelectual, Xesús Alonso Montero guÃa o seu andar polos páramos culturais galegos, que se estenden polo mundo enteiro. Faino ben, algúns entendemos que moi ben, como o facÃa o seu antecesor, o escritor Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, e como o fixeron sempre os homes que estiveron orientando o temón desta nave de saber, de divulgación e propagación de saberes.
O órgano da RAG responsable das actuacións da Academia é o Pleno, do que forman parte os trinta membros de número, procedentes dunha enorme dispersión xeográfica, pero maioritariamente vinculados á Universidade de Santiago de Compostela. E, moitos relacionados igualmente co Consello da Cultura de Galega, que preside o académico e profesor da USC, Ramón Villares Paz. As dúas, a alma mater e a RAG, teñen moitos puntos de intersección entre elas e, moitos, co Consello da Cultura.
A bióloga e profesora, Marilar Jiménez Aleixandre ingresou na RAG o pasado dÃa 14. FÃxoo nun acto no Paraninfo da Universidade e cun discurso emotivo e cientÃfico, “Voces termando da paisaxe galegaâ€. Faltan por cubrir dúas prazas no Pleno e para elas están nomeados dous mozos cargados de talento e sabedorÃa, Carlos Brandeiro e Jorge Mira, fÃsico e, como Marilar, profesor na USC. Noraboa!
Artigo publicado en:
El Progreso (17/01/17) Dirio de Pontevedra (17/01/17) La Región (18/01/17) El Correo Gallego (18/01/17)
Artigos publicados anteriormente:
77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|