Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Menos de 7 días

Luís Celeiro

25/01/2017


Traballo temporal é o que hai, o que nos queda. É o que nos deixan as altas instancias do Estado. Precariedade laboral, contratos por día e, incluso, por horas, soldos inferiores aos da década pasada e baixando, mentres os impostos, a luz, a auga e o lixo van subindo. Cada vez menos para os que teñen pouco, para os traballadores por conta allea e para os autónomos de noite e de día. Miseria para a maioría e máis riqueza, opulencia para os máis ricos. Isto é o que nos deixan de herdanza, o que queda para nós e para os vindeiros. Nada.

As diferenzas económicas e sociais son cada vez máis notorias na sociedade, nesta sociedade de iguais, na que vivimos e que algúns, os poucos que teñen todo o poder económico, non queren que cambie nunca. Os outros, nin poder nin salario. Atendendo á lexislación vixente, hai catro grandes modalidades de contrato de traballo, indefinido, temporais, para a formación e o aprendizaxe e en prácticas. Calquera deles ten características propias, determinadas polas súas cláusulas específicas, pero a mocidade non ten traballo no país. A emigración volve a ser o camiño para milleiros de mozos e mozas, despois de rematar os estudos. A onde chegaremos?

Segundo datos publicados polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), os tres empregos con máis contratos a finais de 2016, antes do Nadal, foron técnicos en operacións de sistemas informáticos, axentes e representantes comerciais e telefonistas. Onde se colocan e que fan as outras persoas, as que teñen outro oficio ou outra formación? A onde van comer aqueles que remataron o seu contrato laboral de tres ou catro días de duración? A onde?

Máis do noventa e un por cento dos contratos de traballo de 2016 foron temporais. Aínda que noutras ocasións se superou lixeiramente esta porcentaxe, é obvio que estamos lonxe da estabilidade conveniente para ter unha situación próspera. O SEPE, a través das súas propias estatísticas, indica que, durante o ano pasado, máis de cinco millóns destes contratos (o 25,7% do total) foron dunha duración inferior aos sete días. Unha cifra nunca coñecida e con tendencia á alza. Dez anos antes, esta modalidade non pasaba do 15% dos totais. Se non se ve, non se cre e, como di a Tía Manuela, se non hai traballo non pode haber acougo nin descanso.

Artigo publicado en:

El Progreso 
(24/01/17)
Dirio de Pontevedra (24/01/17)
La Región (25/01/17)
El Correo Gallego (25/01/17)

Artigos publicados anteriormente:

78).
Menos de 7 anos (24/01/17)
77). A Academia (18/01/17)
76
).
Vaia por Deus! (11/01/17)
75). Venturoso 2017! (04/01/17)

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu