Moi ben. O Consello Galego de EnxeñarÃas (CGES), integrado polos colexios profesionais de enxeñarÃas reguladas, proponlle á Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), que homenaxee a Vicente Vázquez Queipo, como cientÃfico galego de 2017. Honraralles a iniciativa, tanto como honrará á ciencia o nomeamento deste ilustre samoense, cientÃfico destacado en leis, en fÃsica, matemáticas, filosofÃa e quÃmica, con múltiples tarefas de relevancia ao longo da súa vida e con encomendas cumpridas eficientemente, no paÃs e no estranxeiro, fundamentalmente en Francia, onde realizou etapas de formación, traballou como docente e se forxou como xestor no eido da innovación industrial, e en Cuba, onde pasou dous anos da súa vida.
Este home de triplo nome e de apelidos longos e sonoros, Vicente MarÃa Julián Vázquez Queipo de Llano, naceu en Samos, na aldea de LusÃo. Foi estudar a Monforte de Lemos e a Valladolid, onde aos vinte e dous gaña, por oposición, a cátedra de FÃsica Experimental e QuÃmica da Universidade vallisoletana e, a partir desa, as súas carreiras paralelas, na ciencia e na polÃtica, foron sempre destacadas e brillantes.
Ampliou a súa formación na Escola Central de Artes e Manufacturas de ParÃs, onde contactou con cientÃficos da época e, en 1832, volve a Madrid para recoller o encargo de viaxar novamente por Europa, estudar os sistemas educativos de distintos paÃses e, despois, participar na redacción do plan de instrución pública de 1836. Dedicouse á polÃtica, axudou á súa familia a fortalecer a industria siderúrxica que tiñan en Samos, estivo en Cuba, foi presidente da Comisión do Mapa Xeolóxico, creada en 1849 por Real Decreto de Isabel II, foi membro da Real Academia da Historia e morre sete anos antes de rematar o século co que comeza.
Foi autor de Tablas de los logaritmos vulgares de los números desde 1 hasta 20.000 y de las lÃneas trigonométricas, un libro de texto obrigatorio nas clases de matemáticas avanzadas durante moitos anos. Foi recoñecido e valorado no seu tempo e agora, para ben de todos, a RAGC, que preside Miguel Ãngel RÃos, coa sensibilidade dos seus académicos, ten a oportunidade de sacalo do esquecemento. Se é asÃ, parabéns e moitas grazas.
Artigo publicado en:
El Progreso (31/01/17) Dirio de Pontevedra (31/01/17) La Región (01/02/17) El Correo Gallego (01/02/17)
Artigos publicados anteriormente:
79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|