O mestre morreu. Dende as aulas da Complutense, decontado e despois de cumprir, foise para a diestra doutros dos grandes da intelectualidade, fabriqueiros da Galicia que queremos libre, sa e salva. Alà está FermÃn Bouza Ãlvarez observando e aplaudindo aos seus amigos da revista Luzes, que o homenaxearon, en Santiago, con falares alongados e resoantes en tódalas esquinas do paÃs e en cada unha das estrelas do ceo, con música ben sonora e ben sentida, coa entrevista de Suso Iglesias gravada en 2014 e con moitos ferministas dando creto de quen era o mestre morto, un morto inconformista, en palabras de Manolo Rivas.
O teatro estaba ateigado de amigos e familiares do sociólogo prezado e respectado polos académicos, polas clases máis populares, polos estudantes, polos intelectuais e por moitos que non puidemos asistir. Que mágoa! Era mestre cando morreu, a finais de outubro de 2016, e as súas leccións seguen sendo de importancia e de actualidade, como as de mediados da década dos setenta (do século pasado) naquel Madrid do espertar de moitos galegos que buscaban vida e saber nas aulas universitarias e nas rúas da capital.
Santiago de Compostela, para FermÃn Bouza era o “seu refuxio culturalâ€, no que se acubillaba cando podÃa e cando querÃa e onde se gardan recordos da súa infancia e mocidade. O propio alcalde, Noriega Sánchez, lembrou que o homenaxeado exerceu sempre de bo compostelán e destacou o seu compromiso coa Cidade, igual que fixeron outros dos participantes na homenaxe, dende a tribuna e nos corredores do Teatro Principal. Si, señor!, como exclamarÃa con toda normalidade o tamén noso Ãnxel Fole.
Os directores de Luzes, Manolo Rivas e Xosé Manuel Pereiro, paraugas en man, presentaron o acto, no que tamén interviñeron os Antóns, Baamonde, Losada e Patiño; Xosé Manuel Beiras Torrado, Amada Traba DÃaz, Ana Acuña Trabazo, Dores Tembrás Campos e a viúva do homenaxeado, Carmen Pena López. FermÃn Bouza Pena, Eladio dos Santos, LuÃs Emilio Batallán e Miro Casabella puxeron as emocionadas notas musicais, nunha homenaxe merecida, necesaria e conveniente para que FermÃn Bouza Ãlvarez lembre para sempre que goza do respecto e da estima dos galegos. A TÃa Manuela ben o dicÃa, “a bondade é un imán para a xente de leiâ€.
Artigo publicado en:
El Progreso (14/02/17) Dirio de Pontevedra (14/02/17) La Región (15/02/17) El Correo Gallego (15/02/17) Artigos publicados anteriormente:
81). FermÃn, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|