Van polos teatros, prazas e salas musicais de Galicia e do mundo, de palco en palco, de salto en salto, cantando e falando, lembrándolle ao respectable público que os refuxiados son como eran seus pais e seus avós, xente emigrante que buscaba acougo, sosego e traballo. As irmáns Verónica e Natalia Codesal, Magali Menéndez e Marisol Palomo constitúen un cuarteto musical encomiable, Ialma, cheo de ledicia e serio, reivindicativo, explicativo e didáctico. Andan co Camiño, de Bruxelas a Santiago. Son peregrinas belgas que levan a Galicia no peito cravada. Son facedoras de patria e fana cantando, na procura da liberdade permanente para toda a xente do mundo grande ou, polo menos, para toda a xente do mundo europeo.
Non importan os idiomas cando hai linguaxe universal e moitos ou todos se entenden con ela. Este é o caso. A linguaxe das cantoras non ten fronteiras nin parapetos que lle reduzan a forza. Charra, un dos guÃas de turismo máis veteranos e dos máis prezados dos coñecidos, sábeo ben. El foi quen lles aconsellou o nome de Ialma, un nome para triunfar estas mozas triunfadoras, con varios discos no mercado e con milleiros de amigos aloumiñando e aplaudindo os seus cantares, algúns deles de lembranza da avoa, que vÃa marchar aos seus fillos, sen saber para onde Ãan. Eles, tampouco.
Agora, o grupo musical das netas está de volta no Camiño, veñen dende Bruxelas a Galicia tarareando, de ganchete coa lúa agardando a alborada, facendo paÃs, unindo, espallando a cultura galega e a lingua galega polos paÃses da Europa entrelazada polo Camiño de Santiago. Está visto! Galicia faise grande na mesma medida na que a cultura galega sexa respectada, na medida en que a nosa fala se entenda e sexa útil. Por iso, miña carrapucheiriña canta, baila e lembra a fala da terra da túa madriña. Bailas e faisme libre, en dicir de UxÃo Novoneyra.
Liberdade é o que predican estas catro fillas de emigrantes que tiveron que loitar, en corpo e alma, pola igualdade no reparto de pan e paga, e que agora son embaixadoras da súa terra onde late o corazón administrativo de Europa. Aconséllanse coa avoa, fan preguntas de difÃcil resposta, reparten alegrÃa dende o escenario e miran o mundo sen reparos, cantando, falando, recitando e bailando. As do Ialma son cantoras das verdades.
Artigo publicado en:
El Progreso (28/02/17) Dirio de Pontevedra (28/02/17) La Región (01/03/17) El Correo Gallego (01/03/17) Artigos publicados anteriormente:
82). Cantoras das verdades (01/03/17) 82). Por que? (22/02/17) 81). FermÃn, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|