Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Son todos iguais?

Luís Celeiro

08/03/2017


Non, nin moito menos, non son todos iguais. Uns máis, outros menos e outros nada. Son iguais os que o son. Os defensores das desigualdades din que, diante da Xustiza, si. “Aquí todos somos iguais”, aseveran, pero non o parece. Moita xente ten a sensación, non a certeza, de que a Xustiza inxustamente non trata a todos igual ou, se se quere, que non somos todos iguais para os que administran a Xustiza. Vostede, que pensa? É obvio que a loita pola igualdade debe continuar e intensificarse, debe frear os ímpetos dos perversos, debe seguir ata conseguir que, respectando a enorme e normal diversidade, os homes e as mulleres de calquera raza, de calquera pensamento, relixión ou nación, con ampla formación ou con menos, teñan igualdade de oportunidades en todo e para todo.

Sería ben bonito, se fose verdadeiro, iso de que “todos somos iguais diante da lei”, como tantas veces se repite. E, quen aplica a lei aos demais? Esas persoas, con ataduras ou sen elas, deben ter e teñen capacidade para interpretar, para axustar, medir e ditar. A bo seguro que o fan ben, independentemente de que parezan e sexan diferentes as medidas que adoptan, en función, seguramente, das circunstancias e dos tempos. Como van tratar a todos igual, se os ven a todos diferentes? Se todos somos distintos.

 E, coidado!, aínda que un caso se repita exactamente igual en dous suxeitos, poida que sexa tratado e interpretado, con razón ou sen ela,  como se fosen dous feitos absolutamente diferentes. Mala cousa cando isto pasa. A igualdade tería que prevalecer independentemente de calquera condición persoal ou social e a lei debería garantila, defendela e preservala. Pero, que é a lei? Cada quen defínea á súa maneira. A principios do século dezanove, o novelista francés, Honoré de Balzac comparábaa cunha tea de araña, pola que pasan libremente as moscas grandes e quedan atrapadas as pequenas.

Para rondar a prezada e necesaria igualdade, cómpre que a sociedade teña aguzado o sentido da solidariedade e da equidade, cómpre formación, espírito crítico, entendemento e sentido común para defender e respectar tódolos  dereitos humanos, os de tódalas persoas, unha a unha, e tódolos pobos, por xunto e por separado.

Artigo publicado en:

El Progreso 
(07/03/17)
Dirio de Pontevedra (07/03/17)
La Región (08/03/17)
El Correo Gallego (08/03/17)

Artigos publicados anteriormente:

84).
Son todos iguais? (08/03/17)
83
). Cantoras das verdades
(01/03/17)
82). Por que? (22/02/17)
81). Fermín, a bondade (15/02/17)
80
). Esquecemento
(08/02/17)
79). Vázquez Queipo (01/02/17)
78
).
Menos de 7 anos (24/01/17)

77). A Academia (18/01/17)
76
).
Vaia por Deus! (11/01/17)
75). Venturoso 2017! (04/01/17)

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu